ALCALDÍA

A reformulación do Ano Santo, a recuperación do turismo e infraestruturas como a Intermodal e a EDAR centran a reunión entre o alcalde e o presidente da Xunta

22/09/2020

A xuntanza foi definida por ambos mandatarios como cordial, positiva e produtiva e serviu para repasar os temas pendentes na cidade que competen a ambas administracións. Os máis destacados: a reformulación do Ano Santo 2021 e a súa extensión ata mediados de 2022, o apoio ao Plan de sostibilidade turística presentado polo Concello, o financiamento da depuradora, e a loita contra a COVID.

Leer más

URBANISMO

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente as obras do muro do Pombal e da mellora da accesibilidade do Pazo de Xelmírez

22/09/2020

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a reforma do lindeiro leste do parque da Alameda (muro de contención da rúa do Pombal); a restauración das fontes da praza do Toural e da praza de Cervantes; e a mellora da accesibilidade do Pazo de Xelmírez na praza do Obradoiro.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello de Santiago e a Subdelegación do Goberno colaboran na distribución de 25.000 máscaras a centros educativos e colectivos vulnerables

22/09/2020

A Subdelegación do Goberno da Coruña formalizou hoxe a entrega ao Concello de Santiago de Compostela de 25.000 novas máscaras para a súa distribución a centros escolares e colectivos vulnerables, dentro da nova campaña de entrega de material acordado polo Goberno central coa Federación Española de Municipios e Provincias.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Reunión do grupo de traballo local do proxecto europeo Tropa Verde

22/09/2020

O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, participou hoxe na reunión do grupo de traballo local do proxecto Europeo Tropa Verde. Técnicos dos departamentos de centros socioculturais, medio ambiente e servizos básicos realizaron unha posta en común dos avances acadados ata o momento polo programa e profundaron en novas fórmulas de colaboración.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Real Filharmonía de Galicia pecha as Xornadas de Música Contemporánea, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave

21/09/2020

A Real Filharmonía de Galicia porá o broche final ás Xornadas de Música Contemporánea, unha iniciativa impulsada polo Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e o Centro Galego de Arte Contemporánea; co apoio da Deputación da Coruña e o Consorcio de Santiago. O concerto celebrarase este mércores, 23 de setembro, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. Dirixirá a orquestra o Mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da RFG.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Un monolito e un carballo no parque de Galeras recordan a riqueza literaria da obra de Vitor Vaqueiro, que recibiu a letra E da AELG

19/09/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, animou hoxe os lectores e lectoras á achegarse á obra de Vítor Vaqueiro, o escritor e poeta homenaxeado coa letra E pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). No acto, no que se plantou un carballo e se descubriu un monolito, Rosón destacou a aportación de Vaqueiro tanto á poesía como á narrativa galega: "como bo fotógrafo sabe retratar como ninguén as verbas que definen a realidade e comprensión do mundo que nos...

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde Sánchez Bugallo e a concelleira Mila Castro participan nos actos do Día Mundial do Alzhéimer

19/09/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asistiu hoxe na Praza da Quintana, aos actos conmemorativos do Día Mundial do Alzheimer. Alí puideron observar a exposición "Tecendo rede, tecendo recordos", organizada por FAGAL (Federación Alzhéimer Galicia). O rexedor sinalou que neste momento tan complicado, o Concello vai seguir apoiando tanto as asociacións que traballan con pacientes de alzhéimer como as demáis entidades sociais.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello traballa para dar resposta ás solicitudes esporádicas de uso do comedor escolar

18/09/2020

O Departamento de Educación segue a traballar, conxuntamento coa empresa que xestiona o servizo, e coas direccións dos centros educativos, para atender todas as demandas de comedor escolar, tendo en conta as limitacións establecidas pola instrución da Xunta e priorizando a seguridade dos nenos e nenas. Así o indicou o alcalde esta mañá en rolda de prensa, trala xuntanza que mantivo no CERSIA cos equipos directivos dos CEIPs da cidade.

Leer más
Compartir: