CULTURA
Nove novos concertos na segunda parte do ciclo Íntimo&Acústico
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a segunda parte do ciclo da Concellaría de Cultura Íntimo&Acústico, que ofrecerá neste cuadrimestre setembro-decembro nove concertos no Teatro Principal e na Zona "C". Despois do éxito de Nacho Vegas, que encheu o Principal o 14 de setembro, teremos a Howe Gelb o xoves 27 de setembro e, xa en outubro, a Jane Joyd e Josele Santiago. En novembro contaremos con Juan Perro, Najwa Nimri e The New...
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aberto o prazo de solicitude das subvencións ás asociacións veciñais, cuxa partida para 2012 se incrementa un 30%
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste 25 de setembro publica as bases das subvencións ás asociacións de veciños deste exercicio 2012. A partida total para estas axudas ascende a 72.000 euros, un 30% máis que no ano 2011. O prazo de solicitude remata o luns 15 de outubro.
EDUCACIÓN
Escolares alemáns visitan o Concello
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, recibiu en Raxoi un grupo de 16 escolares alemáns do Colexio Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, vila situada ao norte do Estado de Baden-Württemberg, no val do alto Rin. Acompañáronos 16 alumnos e alumnas do Colexio Manuel Peleteiro, cos que participan nun intercambio.
ALCALDÍA
A piques de rematar o prazo de inscrición na feira de oportunidades "Santiago Stock"
Entre o 1 e o 6 de outubro, Santiago celebrará a primeira feira urbana de oportunidades Santiago Stock. O teu punto de encontro aos mellores prezos, onde os comercios participantes poderán liberar os seus stocks, ofertando os mellores produtos aos mellores prezos, pero sen saír da súa tenda, evitando así custes de desprazamento. O prazo de inscrición remata o mércores 26 de setembro.
ALCALDÍA
O Concello busca nova localización para o centro sociocultural do Casco Histórico
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu á Asociación de Veciños Compostela Vella. Entre outros asuntos, informounos dos avances na busca dun novo inmoble para a súa utilización como centro sociocultural do Casco Histórico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugurada a Semana Cultural da Rocha, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas
Do 25 de setembro ao 2 de outubro, celébrase a VIII Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas. Exposicións, obradoiros, visitas guiadas ou a festa en honor a Santa Eufemia conforman o programa desta edición. O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou esta Semana Cultural. No acto tamén participaron o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya.
RECOLLIDA DE LIXO
29 novos colectores de recollida de roupa e calzado
A Concellería de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras informa da posta en funcionamento dos primeiros colectores de recollida de roupa e calzado.
INFRAESTRUTURAS, CENTROS SOCIOCULTURAIS E BENESTAR SOCIAL
O novo centro sociocultural do Romaño incorporará un centro de día
Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, de Obras e Infraestruturas, María Castelao, e de Benestar Social, Paula Prado, presentaron o proxecto do centro sociocultural do Romaño, infraestrutura incluída no programa Urbana Santiago Norte. A principal novidade do mesmo é que este incorporará un centro de día que funcionará naquelas horas en que o local non teña un uso sociocultural.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha dedica unha nova edición da súa Semana Cultural ás artes gráficas
Do 25 de setembro ao 2 de outubro, celébrase a VIII Semana Cultural, dedicada nesta ocasión ás artes gráficas. Exposicións, obradoiros, visitas guiadas ou a festa en honor a Santa Eufemia conforman o programa desta edición.
ALCALDÍA
Rusia, un mercado cada vez máis emerxente para Santiago de Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o embaixador da Federación de Rusia en España, Yuri P. Korchagin. Entre os temas da conversa estivo o auxe que o turismo ruso está a rexistrar en Santiago.