CONSORCIO
O finlandés Pekka Kuusisto toca esta semana coa Real Filharmonía cun violín de 1752
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. Este xoves, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o venres desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. En ámbalas citas levará a batuta o director titular da agrupación, Paul Daniel.
CONSORCIO
Once empresas optan a rematar as obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación
O Consorcio de Santiago sacou a concurso o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en España, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. O 26 de maio remataba o prazo para que as firmas interesadas achegaran as súas ofertas. Presentáronse un total de 11 empresas.
CULTURA
Dezanove concertos en espazos sigulares da cidade na décima edición do Via Stellae
A concelleira de Cultura en funcións, María Antón, e o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, presentaron esta mañá, acompañados do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, a 10ª edición do Via Stellae. Serán 19 concertos que se celebrarán do 29 de xuño ao 15 de xullo en espazos singulares da cidade. Este festival conseguiu, na súa primeira década, consolidarse como un certame esencial no verán compostelán avalado polo...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán" ofrece un ano máis un amplo calendario de propostas lúdicas para todos os públicos entre os meses de xuño e setembro
Chega unha nova edición de Vive o verán, o programa da Rede Municipal de Centro Socioculturais co que o Concello anima os composteláns a gozar do tempo libre destes meses de xuño, xullo, agosto e setembro nos parques e prazas da cidade e no entorno das parroquias. A iniciativa, dirixida a todos os públicos, comprende diversas propostas, algunhas xa habituais na programación anual dos centros socioculturais e outras totalmente novidosas.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen este mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
TURISMO
As cidades Patrimonio promocionan a súa oferta turística en Xapón e Corea
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participa nunhas Xornadas Directas apoio á comercialización en Xapón e Corea que se desenvolverán ata este xoves 28 de maio, organizadas pola Oficina de Turismo de Turespaña da capital nipona e dirixidas a máis de 170 axencias e turoperadores e 380 axentes de viaxe de Osaka, Tokyo e Seúl.
CULTURA
Gabino Diego, Antonio Hortelano e Antonio Garrido presentan a comedia "Nuestras mujeres" dentro do ciclo Teatro 2015
Gabino Diego, Antonio Hortelano e Antonio Garrido chegan este mércores a Compostela para presentar a comedia Nuestras mujeres, de Eric Assous. Dirixida por Gabriel Olivares, poderemos vela no Auditorio Abanca a partir das 20:30 horas, dentro da programación do ciclo Teatro 2015.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen dous novos concertos no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
EDUCACIÓN
Os alumnos de infantil da Escola Municipal de Música ofrecen un concerto este domingo
O Auditorio do Centro de Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) acolle este domingo 24 de maio, a partir das 12:00 horas, o concerto didáctico co que os alumnos de infantil da Escola Municipal de Música de Santiago amosarán ao público todo o aprendido durante este curso.
CULTURA
Continúan as visitas ao Castelo da Rocha
A Concellería de Cultura continúa co programa de visitas guiadas ao Castelo da Rocha, que leva xa varias semanas en funcionamento. Este programa establece un horario de visitas guiadas, de carácter divulgativo e didáctico, dirixidas tanto ao público en xeral como a estudantes ou colectivos culturais.