CONSORCIO
Un grupo de persoas con autismo e discapacidade intelectual asistiu aos ensaios da Real Filharmonía de Galicia como terapia
Un grupo de persoas con autismo integradas no centro de día que ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Provincia da Coruña) ten na localidade compostelá de Villestro asistiron aos ensaios da Real Filharmonía de Galicia. A orquestra, que esta semana ofrecerá dous concertos en Santiago e Pontevedra baixo a batuta do mestre Antoni Ros Marbà, convida unha vez máis a este colectivo para contribuír á súa mellora a través da música.
CONSORCIO
O mestre catalán Antoni Ros Marbà dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 12, a orquestra desprazarase a Pontevedra, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o venres 13 tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o mestre catalán Antoni Ros Marbà, que foi director titular da RFG durante 14 anos. Na actualidade é profesor e director titular da Cátedra de Orquestra de Cámara Freixenet da Escola Superior de Música Raíña...
CONSORCIO
Rematan as obras de limpeza e restauración da fachada sur do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago promoveu as obras de renovación das carpinterías e limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi, sede do Concello compostelán. Os traballos tiñan un orzamento de algo máis de 120.000 euros. O obxectivo desta intervención era mellorar a eficiencia enerxética do edificio e selar as xuntas da fachada para garantir a total estanqueidade da mesma, así como acadar o confort térmico nas estancias municipais.
CULTURA
Debut en Galicia de John Németh dentro do ciclo Blues Nite by 1906
Recentemente galardoado como Mellor Artista de Soul Blues nos Blues Music Awards, John Németh visita por primeira vez Galicia. Será este mércores 11 de marzo, ás 21:30 horas, na Sala Capitol, enmarcado dentro do programa do ciclo Blues Nite by 1906.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Un detido por atentado a axente da autoridade
A Policía Local de Compostela procedeu á detención dun home duns 30 anos de idade e de nacionalidade polaca por atentado a axente da autoridade. Os feitos ocorreron sobre as 22.00 h do día de onte, luns 9 de marzo, na praza da Quintana, cando un cidadán solicita a presenza policial por atoparse este home molestando aos clientes dun establecemento e ouriñando sobre as mesas e cadeiras.
ALCALDÍA
A avenida de Xoán XXIII contará en breve con novas luminarias e cun sistema intelixente de alumeado nos pasos de peóns
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou un convenio marco de colaboración con Ferrovial Servizos co obxecto de lanzar liñas de investigación, innovación e desenvolvemento conxunto para a aplicación da estratexia de Cidade Intelixente (Smart City). O acordo permitirá unha renovación integral do alumeado na avenida de Xoán XXIII.
CULTURA
The National abandeira o LAPSO 2015, a cita musical do ano en Galicia
A praza da Quintana de Santiago de Compostela acollerá o xoves 30 de abril a nova cita de referencia no panorama español da música en directo. O LAPSO 2015 Musical Experience nace este ano en Galicia, e conta na súa programación cunha das bandas internacionais do momento: The National. A formación de Cincinatti encabeza un cartel que se enmarca no ciclo Compostela Rock e que promete unha xornada de gozo, cos mellores concertos e sesión de DJ, tal e como anunciaron na súa presentación a concelleira de Cultura, María...
SEGURIDADE E MOBILIDADE
A Policía Local realiza unha campaña de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil
A Policía Local de Compostela participa na Campaña de vixilancia e control do uso cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil posta en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico e que terá lugar do 9 ao 15 de marzo.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade prepara unha nova guía turística e unha oferta de turismo familiar
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou esta mañá en Alcalá de Henares na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia conseguiu un cheo absoluto esta fin de semana no Palacio Euskalduna de Bilbao
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participou esta fin de semana no Festival Musika-Música de Bilbao con tres concertos no Palacio Euskalduna. O Festival, ao que a orquestra asiste dende hai anos, estaba dedicado nesta edición ás figuras de Bach e Haendel. O sábado, a RFG deu un concerto e o domingo ofreceu dúas actuacións.