LINGUA
O CSC de Santa Marta, escenario este sábado da final do Club de Debate
O Centro Sociocultural de Santa Marta acollerá este sábado a final do Club de Debate, organizado polos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles Santiago.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
Iniciada a campaña de rozas de 2017
Esta semana deron comezo os traballos da campaña de rozas, na que se van investir uns 220.000 euros. Os labores de limpeza prolongaranse ao redor de dous meses, nos que se actuará en case 550 quilómetros de viarios de titularidade municipal, nas dúas marxes.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Escolares de dez centros subirán ás táboas do Principal no XXII Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o XXII Certame de Teatro Intercentros, que un ano máis se celebrará no Teatro Principal. Ademais da función xa celebrada este 2 de maio, celebraranse outras os días 8 e 9 de maio para os centros de Secundaria, e o 15 de maio para os centros de Primaria.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
As obras de mantemento dos viarios municipais intensificaranse a partir da próxima semana
O concelleiro de Medio Ambiente e Equilibrio Territorial anunciou hoxe que, a partir da próxima semana, "intensificaranse as obras de mantemento e reparación dos viarios municipais". Rafael Peña adiantou que, ao longo dos próximos tres meses, actuarase en 18 rúas do ámbito urbano e en 10 parroquias do rural, cun investimento total de máis de 300.000 euros. O edil apuntou que nas últimas semanas se seguiu traballando en actuacións puntuais, "pero as obras de aglomerado é preferible executalas cando as...
DEPORTE
O campo de Belvís acolle o II Torneo do Camiño de Quidditch, que enfrontará a cinco equipos da Península
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu a coñecer hoxe os detalles do II Torneo do Camiño de Quidditch, que reunirá en Compostela a cinco equipos procedentes de varias partes da Península. Na rolda estivo acompañada de Jorge Martínez e Manuel Estevo, da Asociación Deportiva Lumos Compostela, organizadora do torneo.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
A "Compostelánea" de maio recolle a programación das festas da Ascensión
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi o número de maio de Compostelánea, a publicación mensual elaborada por Turismo de Santiago e a Concellaría de Acción Cultural que informa da oferta turística, cultural e de ocio da cidade. Trátase do décimo número da revista, que naceu en xullo de 2016 para ofrecer a habitantes e visitantes de Santiago unha guía práctica para sumarse con boa información á vida activa na cidade.
CONVIVENCIA
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local convoca un concurso de debuxo para escolares
O Departamento de Educación Viaria da Policía Local ten en marcha unha nova iniciativa dirixida a alumnado de cuarto de Primaria que teña participado nos camiños escolares seguros e nos cursos de educación viaria impartidos polo propio corpo. Trátase dun concurso de debuxo, encamiñado a crear unha nova campaña de sensibilización.
ACCIÓN CULTURAL
O festival "Imperdible" chega de novo a Compostela
Bota a andar a segunda edición do Imperdible. Festival de Impro de Galicia, que se celebra do 4 ao 7 de maio en diversos espazos de Compostela, organizado pola compañía The Momento Impro e co obxectivo de reivindicar a improvisación como ferramenta de traballo creativo e como xénero puxante en todas as disciplinas.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago comeza as obras no claustro da Colexiata de Sar
O Consorcio de Santiago vén de comezar esta semana a obra de aplicación de revocadura de saneamento nos paramentos interiores do claustro da Colexiata de Sar. A firma encargada da intervención é a Unión Temporal de Empresas SAR, por un importe global de 46.645,17 euros. O prazo previsto de execución das obras é de dous meses.
ACCIÓN CULTURAL
"Case nada en común", nova exposición no CSC de Vite
Case nada en común é o título dunha nova exposición que poderá visitarse ata o 29 de maio no Centro Sociocultural José Saramago de Vite. Os artistas desta mostra colectiva presentarán a mesma nun acto que se celebrará este martes ás 20:00 horas.