ALCALDÍA
Agustín Hernández participou nos actos festivos da parroquia de San Paio de Lavacolla en honor a Santa Lucía
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e outros membros da Corporación, participaron nas festas da parroquia de San Paio de Lavacolla.
ALCALDÍA
O alcalde doa sangue e convida os cidadáns a participar nas campañas promovidas polo Centro de Transfusión de Galicia
O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, doou sangue esta mañá nas instalacións do Centro de Transfusión de Galicia (CTG). Esta visita enmárcase dentro das campañas de doazón que desenvolve a Consellería de Sanidade, por medio do CTG, con motivo da ponte festiva do mes de maio, en previsión dun aumento das necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A Concellería de Normalización Lingüística promove un obradoiro de rap e regueifa
A asociación ORAL de Galicia (Oralidade, Rima, Arte e Lingua de Galicia), en colaboración co Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago, organiza un obradoiro de rap e regueifa que se celebrará a partir do vindeiro luns, 4 de maio, co alumnado do bacharelato de artes do IES Antonio Fraguas.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca na apertura da Feira do Libro o papel de Santiago como capital cultural e referente das letras galegas
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á apertura da XXXIV Feira do Libro, que se celebra do 1 ao 10 de maio no paseo central da Alameda. As 11 casetas desta edición abren en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Nas xornadas festivas e de fin de semana, o horario da mañá prolongarase ata as 14:30 horas.