TRÁFICO
A campaña de control de semáforos sáldase en Santiago cun 0,74% de infractores
O concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez, deu conta dos resultados da campaña sobre o respecto aos semáforos en vermello realizada entre o 22 e o 28 de outubro. Os datos indican que só o 0,74% dos condutores se saltaron o semáforo en vermello.
CULTURA
Mofa e Befa estrean a súa nova produción,"Románticos", no Principal
Estréase no Teatro Principal Románticos, a nova obra de Mofa e Befa-Produccións Excéntricas. A estrea enmárcase dentro do ciclo Teatro&Danza, e terá cinco funcións, dende o mércores 31 de outubro, ata o domingo 4 de novembro, ás 21:00 horas (agás domingo, que será ás 20:00 horas). As entradas poden mercarse xa na billeteira do Teatro Principal, que está aberta de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado e os días de evento. O prezo é de 10 euros, 6 euros no.../em>
EDUCACIÓN
A CiberCaixa de Roxos estará aberta durante os meses de novembro e decembro
A CiberCaixa, instalada no CEIP Roxos Villestro grazas ao convenio de colaboración asinado pola Concellería de Educación coa Fundación La Caixa, estará aberta durante os meses de novembro e decembro Esta iniciativa satisfará as necesidades educativas e lúdicas de escolares de entre 3 e 12 anos, facilitando ademais a conciliación da vida familiar e laboral. O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde comprométese cos veciños de Lavacolla a avanzar na atención das súas demandas máis prioritarias
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a Asociación de Veciños Ruta Xacobea. Na xuntanza tamén participaron os concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Centros Socioculturais, Francisco Noya, que puideron escoitar as principais demandas veciñais para esta parroquia de Sabugueira (Lavacolla), a máis grande en extensión coa que conta Santiago.
ALCALDÍA
Concello e Cogami renovan o seu compromiso de colaboración
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o presidente de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga, quen lle expuxo a actual situación do colectivo, os servizos que a entidade ofrece e aquelas cuestións nas que o Concello pode seguir prestando a súa colaboración.
REHABILITACIÓN
A nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas dos ARI permitirá instalar seis novos ascensores en Vista Alegre
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a publicación nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas nas áreas de rehabilitación de integral (ARI) de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico. No caso de Vista Alegre, as axudas permitirán que se poñan en marcha outros seis proxectos de instalación de ascensores, co que serán xa 11 os bloques que conten con esta mellora da accesibilidade.
FESTAS
O Concello leva o alumeado de Nadal por primeira vez ás parroquias do rural
As 21 parroquias do rural compostelán terán por primeira vez alumeado de Nadal. Así o anunciou o concelleiro de Centros Socioculturais, Participación Cidadá e Festas, Francisco Noya, a propósito da próxima apertura do procedemento para contratar a iluminación destas datas.
DEPORTES
A Carreira Pedestre reuniu máis 6.300 corredores nas rúas compostelás
As rúas de Santiago acolleron a XXXV Carreira Pedestre, organizada polo Grupo Correo Gallego. Máis de 6.300 corredores participaron na competición, que repartiu 14.000 euros en premios.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Diversión para toda a familia cos Axóuxeres no Centro Sociocultural das Fontiñas
O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o primeiro encontro teatral dos Axóuxeres 2012, actividade orientada aos máis pequenos que forma parte dun programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Obradoiro de Escrita Creativa en Conxo
Froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, celebrouse no Centro Sociocultural de Conxo a primeira das sesións do Obradoiro de Escrita Creativa, conducido polo escritor Carlos Negro.