FESTAS
Nik West e Mambo Jambo brindaron ao público da Quintana os seus potentes directos
As festas do Apóstolo entran na súa recta final. Na antepenúltima xornada, o protagonismo musical foi para Nik West e Mambo Jambo, que ofreceron outro dos concertos máis agardados da programación na praza da Quintana.
FESTAS
A cultura africana chega ás festas do Apóstolo da man do coro Saint Luc Banabakintu
A praza da Quintana acolleu este mediodía unha actuación do coro Saint Luc Banabakintu, incorporada á programación das festas do Apóstolo da man da Concellaría de Políticas Sociais. A titular deste departamento, Concha Fernández, e a responsable de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaron a actuación nunha rolda de prensa na que tamén participaron o director do coro, chegado de Costa do Marfil, e o presidente da ONG Égueire, Desiré Kouakou Tanoh.
FESTAS
As festas do Apóstolo volven enxalzar o traxe galego dedicándolle unha xornada
O próximo sábado, 30 de xullo, será o Día do Traxe Galego nas festas do Apóstolo. Un ano máis, a celebración será posible grazas á colaboración entre o Concello, a Asociación do Traxe Galego e El Corte Inglés, patrocinador da xornada. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; e o xefe de operacións de El Corte Inglés, Ángel Quijada, presentaron hoxe en rolda de prensa os detalles do evento.
DEPORTE
Angrois acolle este sábado a primeira proba do V Circuíto de Carreiras CorreSan
O V Circuíto de Carreiras Saudables Corresan bota a andar e faino coa carreira Ruta da Prata-Angrois que se celebrará este sábado 30 de xullo a partir das 20:15 horas. A día de hoxe, O Circuíto CorreSan xa ten máis de 400 inscritos.
CONSORCIO
O Consorcio adxudica a obra de pintura da fachada da capela da Quinta Angustia
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de pintura da fachada da capela da Quinta Angustia á empresa JSTOP, Obras y Servicios, S.L. O orzamento global desta intervención ascenderá aos 11.240,90 euros e os traballos terán un prazo de execución previsto dun mes.
POLÍTICAS SOCIAIS E EDUCACIÓN
Constituída a mesa institucional para o seguimento do programa "Caixaproinfancia" no barrio das Fontiñas
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, participaron na constitución da mesa que fará seguimento do programa Caixaproinfancia, resultado dun convenio de colaboración entre a Fundación La Caixa, Xunta e Concello o pasado mes de outubro.
CONSORCIO
A exposición "Picheleir@s" volve pendurar de varios edificios do centro histórico
Volve ás rúas do centro histórico compostelán a exposición Picheleir@s, promovida polo Consorcio de Santiago e que se inauguraba en 2014 con grande éxito. Esta mostra recolle a maioría de oficios e profesións -moitos xa desaparecidos- que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa na homenaxe da Deputación da Coruña aos cargos institucionais represaliados no 36
O alcalde, Martiño Noriega, sumouse este mediodía á homenaxe aos cargos institucionais represaliados despois do golpe militar de 1936, organizada pola Deputación da Coruña.
FESTAS
Nik West e Mambo Jambo no Apóstolo 2016
As festas do Apóstolo entran na súa recta final, pero mañá aínda vivirán unha das noites máis agardadas da programación, co concerto de Nik West e Mambo Jambo na praza da Quintana. Será partir das dez da noite, con entrada libre.
FESTAS
O público aclamou a Real Filharmonía de Galicia no seu concerto da Quintana
A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música foron as protagonistas, este xoves, da programación das festas do Apóstolo. Despois de que a Banda tocara no Toural, a orquestra, dirixida polo mestre titular, Paul Daniel, subiu ao escenario da praza da Quintana para celebrar un concerto que recibiu a aclamación do público.