CENTROS SOCIOCULTURAIS
O luns 14 abre o prazo para preinscrición nas novas actividades de centros socioculturais
Seguindo cos procedementos habituais de renovación e preinscrición de participantes nas actividades regulares 2021 dos centros socioculturais, naquelas onde hai prazas dispoñibles e nas de nova creación, abrése o prazo de apuntamento a partir do luns 14 e ata o dia 28 de decembro de 2020.
ALCALDÍA
O informe da Conferencia de Alcaldes do Eixo Atlántico recolle as iniciativas das cidades para afrontar a situación post-COVID e refrenda o liderado municipal
O Concello de Santiago acolleu esta mañá a presentación do informe elaborado trala Conferencia de Alcaldes, organizada polo Eixo Atlántico, e que se celebrou en Pontevedra o pasado 17 de setembro. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo coautor do informe, Xosé Luis Méndez Romeu, e polo secreratario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.
TURISMO
O concelleiro de Turismo visita o belén de San Fiz
O concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Gumersindo Guinarte, visitou esta mañá o belén da igrexa de San Fiz de Solovio, acompañado polo chanceler secretario do Arcebispado de Santiago, Elisardo Temperán; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; o belenista José Uzal e os membros do Consello de Administración de Turismo de Santiago Marta Lois e José Antonio Constenla; así como a súa xerente, Flavia Ramil.
ACCIÓN CULTURAL
A Deputación apoia con 200.000 euros a programación de actividades do Auditorio de Galicia
A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.