XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o inicio de licitación da reurbanización de Batalla de Clavijo e da reforma do parque da praza da Constitución
A Xunta de Goberno vén de aprobar, na súa sesión ordinaria deste venres, o inicio do procedemento de adxudicación de dous proxectos "moi demandados pola veciñanza", como son a reurbanización da rúa Batalla de Clavijo e anexas (fase I) e as obras de reforma do parque infantil da praza da Constitución (pistas de skate). Ambas actuacións supoñen un investimento de algo máis de 875.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Luz verde ao gran contrato de mantemento de vías, que ascende a 5,7 millóns de euros en catro anos
A Xunta de Goberno vén de aprobar o inicio do expediente do gran contrato de mantemento, que suporá un investimento de 5.747.498,79, IVE incluído, en catro anos (dous máis dous prorrogables). Así, o que se vai destinar ao ano sitúase en torno ao millón e medio de euros.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ampliado ao 10 e 11 de setembro o Programa Municipal de Conciliación
A Xunta de Goberno acordou hoxe ampliar dous días máis o Programa de Conciliación do Verán, que mantén o Concello coa empresa Actividades Lúdicas de Galicia SL. Así, o programa terá lugar tamén os días 10 e 11 de setembro dado o cambio que se produciu no calendario do vindeiro curso escolar.