ESPAZOS CIDADÁNS
Unha cidade histórica habitada e innovadora, principal demanda da Conferencia Estratéxica do Plan de Xestión
Unha cidade histórica habitada, innovadora, e que sexa foco xerador e difusor de cultura. É a principal reclamación das máis de 70 persoas que participaron na Conferencia Estratéxica do Plan de Xestión celebrada a semana pasada, dentro do proceso participativo que se está a desenvolver para elaborar ese documento, parello á revisión do Plan Especial. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e o codirector do Plan de Xestión, Juan Requejo, presentaron hoxe as principais...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Verán
Mañá mércores ábrese o prazo de inscrición dunha nova edición do Programa Municipal de Conciliación de Verán, que se desenvolverá no período de vacacións escolares no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP As Fontiñas. A inscrición estará aberta ata o xoves 31 de maio.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC acolle este sábado un novo obradoiro de recoñecemento de árbores
Despois do éxito do programa de actividades posto en marcha en marzo polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela para celebrar o Día da Árbore, en maio recupéranse dúas daquelas propostas: o obradoiro de recoñecemento de árbores e o roteiro para coñecer as árbores do parque de Belvís.
PLENO
A Corporación compostelá aproba o convenio coa Xunta e ADIF para construír a plataforma peonil vinculada á intermodal
O Pleno da Corporación aprobou hoxe o convenio para a construción da plataforma peonil vinculada á estación intermodal, que asinarán o Concello, a Xunta e ADIF. O acordo contou cos votos a favor de Compostela Aberta e PP, e a oposición de PSOE e BNG. A pasarela peonil cuberta permitirá conectar as estacións de ferrocarril e autobuses, e mellorará a permeabilidade entre os barrios do Ensanche e Pontepedriña.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade como destino de eventos e congresos en Frankfurt
Turismo de Santiago, a través do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), está presente en IMEX Frankfurt, a feira profesional de turismo de reunións e incentivos, que se celebra entre o 15 e o 17 de maio. Trátase da feira especializada deste sector máis importante do mundo, con máis de 5.200 compradores profesionais e 3.500 expositores de máis de 150 países.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra o Día das Letras Galegas coa entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido o 17 de maio
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o vindeiro xoves, 17 de maio, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións en galego a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na praza das Praterías) ao longo da xornada, ata que se esgoten as existencias.
FESTAS
Preto de 50.000 persoas gozaron das festas da Ascensión 2018
Malia as adversas condicións meteorolóxicas da pasada semana, as veciñas e veciños de Compostela non deixaron pasar a ocasión de desfrutar das súas festas. Case 50.000 persoas asistiron ás diferentes actividades programadas do mércores 9 ao domingo 13 de maio e espalladas por toda a cidade.