ALCALDÍA
Santiago contará cunha nova escola infantil pública no curso 2018-2019
O alcalde, Martiño Noriega; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela; e o director xeral da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega, asinaron esta mañá en Arteixo o convenio de colaboración para a construción dunha nova escola infantil en Compostela. O centro levantarase nunha parcela cedida polo Concello no barrio do Castiñeiriño, será financiado pola Fundación Amancio Ortega, e encargarase da súa xestión o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de...
DEPORTE
O Circuíto de Carreiras CorreSan 2016 inclúe unha proba polos parques de Compostela
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá, acompañado do delegado da Federación de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín, o Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan para este 2016.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima en Melilla esta fin de semana.
FESTAS
A pirotecnia valenciá Europlá encargarase dos Fogos do Apóstolo 2016
A empresa valenciá Focs d´artifici Europlá encargarase da realización dos dous espectáculos pirotécnicos das Festas do Apóstolo, os dos días 24 e 31 de xullo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a redacción do Plan Director do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago sacou a concurso a redacción do Plan Director do Pazo de Raxoi, por un importe global de 122.300 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata este venres, 15 de xullo.
CONSORCIO
O Curso de Especialización Instrumental da EAEM recibe o maior número de candidaturas de toda a súa traxectoria
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2016-2017. Ás probas de selección das diferentes especialidades presentouse un bo número de candidatos. Segundo os datos aportados pola Escola, "este foi a convocatoria máis exitosa de todas as realizadas ata o momento".