NADAL
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron tres vítimas nos últimos días en Mos (Pontevedra), Torrevieja (Alicante) e Adra (Almería). Zaragoza.
NADAL
Todo listo para a Cabalgata de Reis máis participativa e popular, dedicada este Nadal á música infantil galega
O Concello ultima os detalles para que na tarde-noite deste martes, 5 de xaneiro, todo transcorra con normalidade e diversión na Cabalgata de Reis. Este ano, a celebración será máis participativa que nunca e estará dedicada á música infantil galega. Un bo número de nenos e nenas será parte activa da Cabalgata, como paxes, integrantes do tren ou como integrantes da animación que acompañará a varias carrozas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia celebra este martes 5 de xaneiro o seu tradicional concerto de Reis, baixo a batuta de Carlos Checa
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Reis. A cita este martes, 5 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia. Pola mañá, ás 11:00 horas, a orquestra realizará o ensaio xeral do concerto, que estará aberto ao público de forma gratuíta.
COMERCIO
Máis de 1.000 persoas pillan bolboretas virtuais este Nadal en Compostela
As Bolboretas do Nadal revoan polas rúas de Compostela ata o vindeiro 6 de xaneiro. Trátase dunha campaña da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo consistente en pillar bolboretas virtuais co móbil mediante a aplicación gratuíta iButterfly One. Con ela, os composteláns poden gozar da maxia da realidade aumentada ao tempo que percorren as rúas da cidade.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu a Asociación de Veciños Camiño Francés (As Cancelas)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta tarde a unha representación da Asociación de Veciños Camiño Francés, das Cancelas, encabezada polo presidente da mesma, Bautista Veiga.