EDUCACIÓN
Comeza no CEIP As Fontiñas o Programa Municipal de Conciliación da Semana Santa
Este luns comezaron as actividades do Programa de Conciliación Laboral e Familiar para a Semana Santa 2015 no CEIP As Fontiñas, organizado polo Departamento de Educación. A súa titular, Maite Cancelo, visitou o centro nesta primeira xornada.
ALCALDÍA
Hernández destaca o inicio dun "camiño sen volta atrás" para que Santiago conte cunha estación intermodal "proporcionada e axeitada" para a chegada da alta velocidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presentou a primeira fase da adaptación da estación de ferrocarril aos novo servizos da alta velocidade. No día no que se realiza a primeira viaxe en probas da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico, Hernández salientou que, grazas a esta primeira fase da adaptación – cun investimento previsto entre 15 e 20 millóns de euros- se inicia "un camiño sen volta atrás" que permitirá a Santiago de Compostela contar cunha infraestrutura "proporcionada e...
ALCALDÍA
Agustín Hernández: "Fomentar o turismo gastronómico é fomentar a internacionalización do sector turístico"
O alcalde clausurou no Hotel Quinta da Auga o Foro Turismo Gastronómico, organizado por El Correo Gallego. Neste ámbito, Agustín Hernández puido reiterar a aposta municipal pola "gastronomía como atractivo turístico, dentro da estratexia de internacionalización constante da demanda turística da cidade".
CONSORCIO
A Real Filharmonía, coa voz da mezzosoprano catalá Marta Infante, ofrece un concerto no Festival de Músicas Contemplativas
A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores, 1 de abril, un concerto no marco do IX Festival de Músicas Contemplativas. Terá lugar na igrexa do compostelán Convento do Carme, ás 21:00 horas, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave.
TURISMO
Compostela Gastronómica abre o prazo de inscrición nos seus obradoiros
Santiago celebra do 16 ao 21 de abril a segunda edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, cun completo programa de actividades para público xeral e profesionais da hostalaría. Os interesados en participar poden facer a súa inscrición a través da web www.compostelagastronomica.es ou ben achegándose á oficina central de Turismo de Santiago situada na rúa do Vilar.
ALCALDÍA
O alcalde participou no percorrido de proba da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, incorporouse na Estación do Ferrocarril ao percorrido de proba da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico A Coruña-Santiago-Vigo.
CULTURA
Concerto de Música Ficta no Festival de Músicas Contemplativas
Dentro do Festival de Músicas Contemplativas, que está desenvolvéndose durante a Semana Santa na nosa cidade, este martes teremos o concerto de Música Ficta no Convento de Santa Clara ás 20:30 horas. Presentan o programa Cristóbal de Morales… Requiem dirixidos por Raúl Mallavibarrena. As entradas son de balde, pero hai que retirar invitación antes no despacho de billetes do Teatro Principal que está aberto esta semana de 17:00 a 21:00 horas.