ALCALDÍA
O alcalde recibiu 49 escolares salmantinos e composteláns participantes no programa pedagóxico "Aula de Patrimonio"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu 49 alumnos e alumnas do Colexio Misioneras de la Providencia (Salamanca) e do CEIP Raíña Fabiola (Santiago), que participan no programa pedagóxico Aula de Patrimonio, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
ECONOMÍA
O Concello e a Cidade da Cultura asinan un convenio para a organización de actividades de desenvolvemento económico
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e a xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González-Loroño, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración para a programación de actividades conxuntas de fomento do investimento e da cultura emprendedora que se celebrarán ao longo do ano na propia Cidade da Cultura.
CONSORCIO
O mestre británico Christopher Bucknall dirixe esta semana a Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia desprazarase esta semana á cidade de Lugo, onde ofrecerá un concerto no Círculo das Artes. A cita terá lugar este mércores 4 de marzo ás 20:30 horas.