PISTA DE XEO
Dúas novas xornadas de portas abertas na pista de xeo os días 4 e 9 de febreiro
O Concello de Santiago abrirá as portas da pista de xeo de forma gratuíta de novo os días 4 e 9 de febreiro, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O recinto instalado no parque central da Alameda continuará aberto ata o 15 de febreiro.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Máis relatorios, obradoiros e rutas no CIAC durante o mes de febreiro
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) pecha en febreiro o ciclo de relatorios Biodiversidade na cidade co titulado Os anfibios e os réptiles dos nosos parques e xardíns". Neste mes haberá tamén un obradoiro dedicado á Horticultura urbana en balcóns e terrazas, unha ruta polas Brañas do Sar e un relatorio sobre actualidade medioambiental no que se falará da ameaza que supón avespa asiática.
CULTURA
"Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro", nova proposta dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o seguinte espectáculo do Bono de Teatro Galego e Portugués: Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro. Na rolda estiveron acompañados dos dous protagonistas do espectáculo, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira; o director musical, Fernando Reyes; así como polo director do mesmo, Quico Cadaval. En total serán catro funcións, do mércores 4 ao sábado 7 de...
ECONOMÍA
Santiago acollerá o 4 febreiro o evento empresarial "100 consellos para o 2015"
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o director de "100 consellos para o 2015", Joaquín Dosil, presentaron este evento, dirixido a directivos e empresarios, que se celebrará durante a mañá deste mércores, 4 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
CULTURA
Oh Trío presenta o seu último traballo, "Cancionero Gallego", no ciclo Sons’15
Oh Trío ofrece un concerto este martes 3, ás 21:00 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea, enmarcado no ciclo Sons’15. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, na tenda Merlín e familia, na web www.madapro.es e no propio CGAC o día do concerto desde as 18:00 horas. Teñen un prezo de 8 euros anticipada e 10 o día do concerto.