MEDIO RURAL
A primeira roza xeral do novo contrato anual de mantemento iniciarase na primeira quincena do mes de xullo
O concelleiro responsable de Medio Rural, Luis Meijide, anunciou que a empresa adxudicataria do novo contrato de rozas para as parroquias do rural comezará a realizar os traballos na segunda quincena de xullo. Unha vez celebrada a mesa de contratación, só queda a ratificación da adxudicación pola Xunta de Goberno para que poidan comezar as rozas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Últimas prazas para a saída ao parque acuático de Cerceda do 3 de xullo
A programación de Vive o verán inclúe un ano máis unha saída ao parque acuático de Cerceda. O prazo para inscribirse nesta actividade, prevista para o xoves 3 de xullo, estará aberto ata o sábado 28 de xuño.
URBANISMO
En marcha a segunda fase das obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade no barrio de Vista Alegre
As obras de mellora da mobilidade e da accesibilidade no barrio de Vista Alegre avanzan xa na súa segunda fase. Esta parte da actuación, incluída no programa Urbana Santiago Norte, ten un prazo de execución de sete meses e medio e un orzamento de execución por contrata de 2.846.279 euros.