ALCALDÍA
O Concello homenaxea ao biólogo Luis Iglesias e coloca varias placas no Parque Isidro Parga Pondal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Parque das Ciencias Isidro Parga Pondal ao acto de colocación dunha placa en homenaxe ao biólogo Luis Iglesias con motivo da celebración do Día do Científico Galego. Tamén se colocaron dúas placas identificativas no devandito parque, inaugurado en marzo deste ano na antiga hora do hospital de San Roque.
TURISMO
Área Santiago reúnese coa directora xeral de Conservación da Natureza
O grupo promocional Área Santiago mantivo hoxe xuntanza coa directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Verónica Tellado, para presentarlle as iniciativas coas que estes 16 concellos aspiran a converter a pesca nun recurso turístico de primeira orde nos ríos Ulla, Deza e Tambre, que son os que definen o seu territorio.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local instrúese en técnicas de intervención policial
Clausurouse no Recinto Feiral de Amio o Curso de Técnicas de Intervención Policial, ao que asistiron os axentes da Policía Local de Santiago. Esta acción formativa actualizou os funcionarios policiais nos últimos protocolo de aplicación en operativos especiais.
EDUCACIÓN
Unha publicación amosa o traballo de 150 anos do CEE Manuel López Navalón
O concelleiro Luis Meijide asistiu no Cersia a presentación da publicación 1864 Colexio de xordomudos e cegos - 2014 CEE Manuel López Navalón. 150 anos de atención á diversidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Semana de intensa e variada actividade no programa "Vive o verán"
O programa Vive o verán, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais, ofrece esta semana diversas actividades: charlas, saídas, unha ruta en bicicleta, bailes e ata un safari fotográfico.