TURISMO
Santiago promociónase na feira turística máis importante de Alemaña
Turismo de Santiago participa na ITB, unha das principais feiras turísticas de Europa, que se celebra en Berlín entre o cinco e o nove de marzo.
XUNTA DE GOBERNO
O Consorcio acometerá obras de mellora da accesibilidade no Teatro Principal e a limpeza da fachada sur do Pazo de Raxoi
Os dous asuntos foron aprobados pola Xunta de Goberno Local, da que deu conta en rolda de prensa a súa voceira, a concelleira María Pardo. Nesta mesma sesión deuse luz verde ao proxecto que permitirá a mellora do alumeado no acceso ao Polígono do Tambre desde Son de Abaixo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As fotografías do III Certame Ruth Matilda Andeson poden verse no CSC de Vite ata o 28 de marzo
O Centro Sociocultural de Vite acolle desde o 5 ata o 28 de marzo as 25 fotografías do III Certame fotográfico "Ruth Matilda Anderson", organizado pola Universidade de Santiago.
ECONOMÍA
Máis de 3.500 persoas participaron nas actividades de dinamización económica do Concello no 2013
O edificio municipal Cersia consolídase como unha referencia para o tecido económico da cidade, con máis de 900 solicitudes de uso dos seus espazos para obradoiros, charlas, xornadas, accións formativas, reunións...
ALCALDIA
O alcalde asiste á presentación dun libro sobre o emprendemento
O acto tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza de numeros público interesado na materia.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago asiste á reunión constitutiva do comité de coordinación aeroportuaria
Ángel Currás demanda os voos nacionais e valora positivamente que a porta de entrada do tráfico internacional sexa Lavacolla.