XUVENTUDE
Continúa aberto o prazo para inscribirse na actividade de turismo activo e deporte de Pena Aventura
A Concellería de Xuventude do Concello de Santiago organiza unha actividade de turismo activo e de deporte de aventura pensado especialmente para a xuventude da cidade. O prazo de preinscrición estará aberto ata o 31 de marzo.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello súmase á campaña da DXT de control do uso do cinturón de seguridade e sistemas de retención infantil
Entre o 10 e o 16 de marzo a Policía Local súmase á Garda Civil para controlar que os condutores fagan un uso axeitado de ambos dispositivos. Así o anunciou o concelleiro de Mobilidade, Luis Bello.
FACENDA
Facenda mellora o calendario fiscal e pon en marcha un servizo de atención telefónica persoalizada
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, explicou en rolda de prensa estas dúas iniciaticas do seu departamento que responden a unha demanda cidadá e nacen co obxectivo de facilitar o pago de impostos así como o resto dos trámites relacionados
EDUCACIÓN
Comeza o cuarto ciclo de concertos didácticos da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música pon en marcha, por cuarto ano consecutivo, un novo ciclo de concertos didácticos co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela.