FACENDA
O prazo para solicitar o pagamento fraccionado do IBI remata o 28 de febreiro
O Concello de Santiago lembra que o 28 de febreiro remata o prazo para solicitar o pagamento fraccionado do Imposto de Bens e Inmobles (IBI). Para que este pagamento en tres prazos sexa efectivo no recibo de 2014, os contribuíntes deben pedilo antes da referida data na Oficina de Atención ao Contribuínte.
TURISMO
Dezaoito xornalistas e bloggers coñecerán os atractivos de Área Santiago
Área Santiago, en colaboración con Turismo de Galicia, organiza unha viaxe de xornalistas e bloggers de turismo que ten un dobre obxectivo: dar a coñecer os atractivos de Área Santiago e promocionar o Entroido dos Xenerais da Ulla, que este ano estrea a súa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia e que se celebra en sete concellos que pertencen a Área Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Actividades de inmersión lingüística no marco do Programa de Voluntariado Europeo nos centros socioculturais
A Concellería de Centros Socioculturais, continuando co seu programa de accións de achegamento ás linguas e culturas e no marco do Programa de Voluntariado Europeo (Erasmus +), realiza durante este curso actividades gratuítas de inmersión lingüística nos centros socioculturais de Fontiñas, Santa Marta, Castiñeiriño e, proximamente, Vite.
COMERCIO
O luns 10 de febreiro, nova xornada de portas abertas na pista de xeo da Alameda
O luns 10 de febreiro terá lugar a terceira xornada de portas abertas na pista de xeo instalada na Alameda, tras as celebradas o luns 2 e o martes 4. O recinto estará dispoñible de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
TURISMO
Turismo de Santiago, Catedral, Cámara de Comercio e Hostalería Compostela renovan a súa "Homenaxe ao peregrino"
O Salón Verde do Pazo de Raxoi acolleu o acto de sinatura do acordo de colaboración entre Turismo de Santiago, a Catedral, a Cámara de Comercio e a Asociación Hostalería Compostela para a conservación e posta en valor do patrimonio histórico e artístico da Catedral.
TURISMO
Santiago de Compostela, no Salon des Vacances de Bruxelas, a feira de turismo máis importante do Benelux
As Cidades Patrimonio da Humanidade continúan coa posta en marcha das accións de promoción previstas no Plan Operativo 2014, presentado pola Comisión de Turismo do Grupo o pasado 13 de xaneiro. Como nova campaña internacional para a captación de viaxeiros, o Grupo está presente do 6 ao 10 de febreiro en Bélxica presentando os seus destinos no Salon des Vacances de Bruxelas. A Santiago de Compostela resúltalle especialmente estratéxica esta presenza na capital belga, xa que, dende o 3 de maio, a cidade estará unida...
MEDIO RURAL
O Concello destinará preto de 1,5 millóns de euros a investimentos no rural
O concelleiro de Medio Rural, Luis Meijide, presentou os orzamentos para investimentos no rural compostelán neste 2014. Destinaranse 1.244.432 euros ás parroquias, ás que sumará outra partida de entre 200.000 e 300.000 euros correspondente ao plan DTC-93 da Deputación da Coruña.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello de Santiago recomenda precaución ante a nova alerta por vento prevista para esta tarde-noite
A Dirección xeral de Emerxencias e Interior vén de emitir unha nova alerta de nivel laranxa por ventos de ata 100 quilómetros que comenzará na tarde de hoxe e finalizará ao inicio de mañá, sábado 8.
CULTURA
Nick Waterhouse, arranque de luxo para unha nova edición do ciclo Galicia Importa, o primeiro en colaboración co Compostela Rock
Unha das sensacións do actual revival soul, Nick Waterhouse, estrearase en Galicia o próximo 27 de marzo na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Faino dentro do Ciclo Galicia Importa, que arranca con este concerto unha colaboración con Compostela Rock para continuar coa súa programación en Santiago. As entradas xa están á venda a un prezo de 16 € + gastos a través de Ticketea.com, a web de Servinova, o teléfono 902 504 500, A Reixa Tenda e o despacho de billetes do Teatro Principal.
CULTURA
Luma Gómez ofrece de novo "A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)" dentro do ciclo Falabaratos
Luma Gómez presenta de novo, tras a función do sábado pasado, o monólogo A tixola polo mango (Muller, non é para tanto) dentro do ciclo Falabaratos. Dirixida por Eduardo Alonso, estará este sábado 8 de febreiro, a partir das 20:00 horas, na Sala Agustín Magán (CSC de Santa Marta). As entradas, a 6 euros, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou o mesmo día do evento no CSC Santa Marta dende as 18:00 horas.