CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa "Imos de excursión" ofrece 17 viaxes e máis de 1.200 prazas
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e o animador sociocultural Modesto López presentaron a novena edición do programa Imos de excursión. Ofértanse nove viaxes dun día e outras oito de varios días, cun total de 1.285 prazas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as bases da sétima edición do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados
A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, aprobou as bases do VII Premio Internacional Compostela para Albumes Ilustrados. Tamén se concretou a formalización da cesión da parcela para a nova Escola Oficial de Idiomas.
CULTURA
Xacarandaina presenta "Galizien Amerika Linie", danza tradicional galega e emigración
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou en rolda de prensa o espectáculo Galizien Amerika Linie, de Xacarandaina, que poderemos ver no Auditorio de Galicia este domingo, 16 de febreiro, ás 20:00 horas. Fíxoo acompañado de Henrique Peón, director e coreógrafo do espectáculo. As entradas para este evento, enmarcado no ciclo Teatro & Danza, poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas); en
CULTURA
A diva alemá Ute Lemper canta a Pablo Neruda dentro do ciclo Sons’14
Ute Lemper, unha das artistas internacionais de maior relevancia na actualidade, vista Santiago para presentar o seu novo disco, Forever: the love poems of Pablo Neruda. Será este venres, 14 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco, dentro do ciclo Sons’14. As entradas para o concerto teñen un prezo de 25 euros no patio de butacas e 1º anfiteatro e 20 euros no 2º anfiteatro. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas), en
DEPORTES
O III Cross de Compostela abre o calendario atlético do Concello de Santiago en 2014
Este sábado, 15 de febreiro, celebrarase no parque de Salgueiriños a terceira edición do Cross de Compostela, evento que inaugurará o extenso calendario de atletismo de 2014 presentado recentemente pola Concellería de Deportes.
TURISMO
Os primeiros gañadores do concurso "Desexo concedido" chegan para San Valentín
O concurso de Turismo de Santiago Desexo concedido outorgou en decembro 10 premios en Facebook e 10 en Twitter compostos de aloxamento, cea, cata e visitas para gozalos en época de menor ocupación turística. Os primeiros gañadores en chegar son casualmente dúas parellas que celebrarán o Día dos Namorados co seu premio.
TURISMO
Nova aplicación para o Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiron no Hostal dos Reis Católicos ao acto de presentación dunha nova aplicación para o Camiño de Santiago, nada da colaboración entre o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Xunta de Galicia para impulsar o Camiño como Destino Turístico Intelixente. No acto de presentación interviñeron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego; e o presidente de Segittur,...
CULTURA
Rosario Pardo, Carmen Gutiérrez e Marta Megías representarán en Compostela "El gran día de la madre"
El gran día de la madre, comedia de Chascas & Quintanilla, estará en Compostela o vindeiro 21 de febreiro dentro do ciclo Teatro & Danza. Será ás 21:00 horas no Auditorio Novagalicia Banco. Esta comedia, dirixida por Julián Quintanilla, está protagonizada por Rosario Pardo, Carmen Gutiérrez e Marta Megías.
TURISMO
O Concello continúa promocionando a chegada de turismo xaponés
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reuníronse con Kotaro Kogi, presidente da compañía Global Youth Bureau, unha das firmas máis innovadoras de cara á touroperación xaponesa. Acudiu á cita acompañado por Yasuo Taniguchi, de Mikami Travel, un dos principais touroperadores do mercado xaponés especializado en España.