ALCALDÍA
O alcalde subscribe accións do Obradoiro
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, mantiveron unha reunión co presidente do Obradoiro, Raúl López, e co director xeral do club, José Luis Mateo. No encontro formalizouse a subscrición de accións a título particular por parte do propio alcalde, nun acto simbólico que quería referendar o compromiso do Concello co club.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello cede unha vivenda a Cáritas en Fontiñas para o programa Abeiro
A Xunta de Goberno local, na súa sesión ordinaria, deu conta da sinatura do contrato de autorización de uso por parte de Cáritas Interparroquial dunha vivenda municipal para o desenvolvemento do programa Abeiro.
DEPORTES
Corenta e catro nenos e nenas participaron no campamento do CD Conxo
O venres 27 de xullo clausúrase o I Campus de Verán do Club Deportivo Conxo. O Concello colaborou con esta iniciativa, en cuxo peche estará presente o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a futbolista compostelá Verónica Boquete, que será a madriña dos equipos femininos deste club.
DEPORTES
Seguen as actividades de verán do Don Bosco
O Concello de Santiago colabora coas actividades que durante o verán organiza o Centro Xuvenil e a Escola de Tempo Libre Don Bosco. Estas accións buscan converter o tempo libre nun espazo de diversión educativa para os nenos e nenas e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación familiar, ademais de fomentar a integración de nenos en risco social.
TURISMO
Santiago sumou en xuño por segundo mes consecutivo máis pernoctacións de turistas estranxeiros que españois
Por segundo mes consecutivo, Santiago rexistrou en xuño un maior número de pernoctacións internacionais que domésticas, despois de que maio fose o primeiro mes da serie histórica no que se producía esta circunstancia, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). As pernoctacións internacionais aumentaron un 28,14% respecto do mes de xuño de 2011. As 57.638 pernoctacións internacionais son a cifra máis alta alcanzada nun mes de xuño, superando incluso as alcanzadas no Ano Santo 2010.
FESTAS
Un problema de saúde obriga a aprazar o concerto de Tom Jones ata o 27 de agosto
A banda Aerolíneas Federales ofrecerá un concerto de balde na praza da Quintana esta noite ás 22:30 horas, logo de que a actuación de Tom Jones fose aprazada ao 27 de agosto debido a un problema de saúde do artista galés, do que xa se está a recuperar satisfactoriamente nestes intres.
PLENO
Jesús Precedo Lafuente e Manuel Sánchez Salorio recibirán a Medalla de Ouro da cidade o 14 de setembro
A Corporación aprobou a proposta da Alcaldía para o outorgamento das próximas Medallas de Ouro da cidade. Recibiranas o oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio e, a título póstumo, o que fora coengo e deán emérito da Catedral, Jesús Precedo Lafuente. O acto de entrega das distincións terá lugar o 14 de setembro.
FESTAS
A primeira entrega dos concertos "Quintana de Vivos" será de balde
A primeira sesión dos concertos Quintana de Vivos, que se celebrará este venres ás 21:00 horas na praza da Quintana, será de balde. Así o confirmou o representante dos establecementos de hostalería encargados da organización deste evento –"Os catro da Quintana"–, Félix García, que manifestou que este é un xesto "para axudar á cidade" e para que todos os cidadáns "poidan desfrutar da proposta musical que ofrecemos".
FESTAS
Aerolíneas Federales reviviu na praza da Quintana a movida dos 80
Unha repleta praza da Quintana reviviu a movida dos 80 co concerto de Aerolíneas Federales. A banda viguesas logrou crear un clima de gran complicidade lembrando os seus grandes éxitos.