ALCALDÍA
A S.D. Compostela cumpre 50 anos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e parte da Corporación recibiron en Raxoi os directivos da SD Compostela con motivo da celebración, nesta xornada, dos 50 anos da fundación co club.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"O conto viaxeiro" volveu ao seu primeiro destino tras percorrer varias parroquias
Dentro das actividades deseñadas para celebrar as Letras Galegas, a Concellería de Normalización Lingüística programou un itinerario de sesións que combinaban a escoita dun conto e a construción dunha nova historia entre todos os nenos e nenas participantes. O conto viaxeiro percorreu dez centros socioculturais de distintas zonas do termo municipal.
CONSORCIO
A Real Filharmonía participa nos actos con motivo do Día de Galicia
Con motivo da celebración do Día de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia actuará no Hostal dos Reis Católicos para ofrecer un concerto institucional previo aos Fogos do Apóstolo. Baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretará obras de Gaos, Bach e Schubert.
FESTAS
Vanessa Martín e Georgina, protagonistas dunha nova entrega musical das Festas
A cuarta xornada das Festas do Apóstolo levou a música de novo ata a Quintana, da man de Vanessa Martín e Georgina.