CONSORCIO
A Real Filharmonía participa nas Festas do Apóstolo cun concerto especial na Quintana
A Real Filharmonía de Galicia vai participar por primeira vez na programación das Festas do Apóstolo cun concerto gratuíto na praza da Quintana. A orquestra preparou para a ocasión un concerto ameno, con pezas curtas pensadas para todos os públicos e nas que os músicos poderán demostrar o seu bo facer.
MEDIO RURAL
O Concello informa os veciños da obrigatoriedade da limpeza das fincas para evitar o risco de incendio preto das vivendas
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta do bando municipal no que se informa os veciños propietarios de parcelas da obrigatoriedade de mantelas limpas para evitar que os incendios poidan achegarse ás vivendas, e máis nesta época de máximo risco. Recordou que debe estar limpa unha franxa de 50 metros e que as sancións polo incumprimento desta obrigatoriedade van dos 300 aos 6.000 euros.
ALCALDÍA
A Alameda disporá dun novo espazo de cafetería e terraza para a primavera do 2013
O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, anunciou que a Alameda compostelá disporá dun novo espazo de cafetería e terraza para a primavera do 2013. Este proxecto está incluído nunha segunda fase da iniciativa municipal para adecuar os espazos do parque monumental da cidade e dotará á Alameda dun espazo do que carece dende hai anos.
FESTAS
As entradas anticipadas para o concerto de Calle 13 poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal
As entradas anticipadas para o concerto de Calle 13, previsto para o 25 de xullo, ás 22:30 horas, na praza da Quintana, poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal a un prezo único de 21,35 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa "Vive o verán" levou 300 nenos e nenas de Santiago ao Aquapark de Cerceda
O programa Vive o verán 2012 levou a outros 150 nenos e nenas de Santiago a gozar dunha xornada lúdica no parque acuático Aquapark de Cerceda. As prazas dispoñibles para esta segunda visita xa levaban cubertas dende hai semanas, o que da mostra da boa acollida desta iniciativa na cidade.
EMPREGO
A II Feira Internacional de Emprego finaliza cumprindo os obxectivos marcados
Logo de dúas intensas xornadas de actividade, a II Feira Internacional de Emprego, organizada pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, pechou as súas portas cun importante número de participantes e visitantes. Máis de 4.000 persoas acudiron nestes dous días ao Multiusos Fontes do Sar, recinto onde se celebraron os procesos de selección concertados e onde se desenvolveu o programa de conferencias e obradoiros gratuítos relacionados co sector laboral, o mercado de traballo e a busca de emprego.
FESTAS
Moncho Fernández apela no seu pregón aos valores compartidos polo Obradoiro e polos que fan o Camiño de Santiago
O compostelán Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro CAB, abriu co seu pregón unha nova edición das Festas do Apóstolo. Na súa intervención ante composteláns e visitantes, apelou a eses valores como o esforzo, o sacrificio, a coraxe ou a perseveranza que son comúns ao Obradoiro e aos que cada día peregrinan a Santiago.