ALCALDÍA
As obras na Praza de Abastos estarán rematadas en novembro do vindeiro ano
O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás Fernández, visitou as obras de remodelación do mercado monumental da cidade, e anunciou que está previsto que estas actuacións rematen en novembro de 2013.
ALCALDÍA
O alcalde visitou os barrios da Pontepedriña e do Sar para escoitar in situ as demandas dos veciños
O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás Fernández, visitou os barrios da Pontepedriña e do Sar para manter un encontro cos veciños e coñecer de primeira man o estado das infraestruturas nestas áreas da cidade.
MEDIO AMBIENTE
Os pequenos aprenden a facer de Santiago unha cidade máis sustentable
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, asistiu esta tarde na Praza Roxa á posta en marcha dos obradoiros enmarcados na campaña "Contigo, ata o fin", organizada polo Concello, a Fundación Santiago Centro e Sogama. Ten como obxectivo concienciar á poboación en xeral e aos máis novos en particular sobre a necesidade de utilizar de forma racional recursos para conseguir un mundo máis sustentable.