FESTAS
As Festas do Apóstolo arrancan este venres con actuacións e propostas para todos os públicos
As propostas culturais e de lecer están pensadas para que todos os composteláns teñan á man a opción que máis satisfaga os seus intereses e gustos. O programa definitivo foi presentado polo concelleiro Francisco Noya cunha antelación de case unha semana sobre o comezo das Festas.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello e a Academia Galega de Seguridade colaboran na formación da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil
O alcalde de Santiago, Angel Currás, e o director xeral de seguridade, José Carlos García Bouzas, veñen de firmar un convenio de colaboración en materia de formación de policías locales, bombeiros e protección civil que permitirá o personal municipal formarse nestas instalacións.
MEDIO AMBIENTE
A rede ‘Composteiros de Compostela’ habilitará seis puntos de creación sostible de cómpost orgánico en áreas verdes
A concelleira delegada de Parques e Xardíns, María Castelao, presentou o plan ‘Composteiros de Compostela’, que creará 6 puntos de produción de cómpost libre de produtos fitosanitarios obtido dos restos vexetais recollidos nas tarefas de mantemento das áreas verdes. Coa creación desta rede de composteiros avánzase de cara a unha xestión máis sostible das zonas verdes compostelás, ao tempo que se reducen os custos derivados do tratamento dos restos vexetais por xestores autorizados externos e da propia xestión...
ALCALDÍA
O alcalde reúnese con membros da xunta directiva da Asociación Aspas
O rexidor compostelán, Ángel Currás, mantivo un encontro con membros da xunta directiva da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago (Aspas), onde manifestou o recoñemento do Concello ao papel desta asociación e o seu apoio ás actividades de mellora da calidade de vida destas persoas.
DEPORTES
Éxito de participación na segunda carreira "CorreSan" con máis de 500 atletas polas rúas compostelás
A segunda proba do circuíto CorreSan pechouse con grande éxito de público. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que participou na proba, salientou a importante afluencia a unha carreira peculiar tanto polo escenario, o Casco vello, como polo horario, arrancou ás 10 da noite.