FESTAS
Os establecementos hostaleiros da Quintana súmanse ás Festas do Apóstolo coa organización de dous concertos
"Quintana de Vivos" é o título baixo o que se engloban dous concertos incluídos nesta Festas do Apóstolo. A peculiaridade destes dous espectáculos, os días 27 e 30 de xullo, é que, por primeira vez nas Festas, serán organizados por establecementos hostaleiros da cidade, neste caso polos catro da praza da Quintana.
EMPREGO
Máis de 30 empresas confirmaron xa a súa presenza na Feira Internacional de Emprego
Os días 19 e 20 de xullo, o Pavillón Multiusos Fontes do Sar acollerá por segundo ano consecutivo a Feira Internacional de Emprego de Santiago de Compostela (FIE), un evento impulsado dende a Axencia Local de Colocación. Nesta segunda edición, que supón unha continuidade do proxecto emprendido en 2011 pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago para dinamizar o mercado laboral da cidade, hai xa confirmada a asistencia dun total de 33 empresas, pertencentes a sectores tan diversos como a...
ALCALDÍA
O alcalde afirma que "a Mancomunidade non pode continuar na mesma situación"
O alcalde compostelán, Ángel Currás, indicou sobre o futuro da Mancomunidade de Santiago que "haberá que plantexarse o seu futuro" e que esta será "unha decisión que teremos que tomar entre os sete concellos que forman parte dela". O que si ten claro o rexedor municipal é que a entidade "non pode continuar na mesma situación".