ECONOMÍA
Máis de 200 participantes na cuarta edición das Xornadas Internacionais de Coaching
A cuarta edición das Xornadas Internacionais de Coaching tenlugar en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de outubro coa participación de máis de 200 asistentes interesados en ampliar os seus coñecementos sobre coaching, reorientación empresarial e profesional, networking activo ou xestión do tempo, entre outras temáticas.
PLENO
As arcas municipais pagaron 2.247 facturas a 256 provedores dende xullo de 2011
O Pleno da Corporación, nunha sesión extraordinaria, aprobou definitivamente a conta xeral do exercicio 2011. Esta reflicte un resultado orzamentario positivo de algo máis de seis millóns de euros.
COMERCIO
Unhas xornadas analizarán en Santiago as novas tendencias en blogs de moda e comercio electrónico
A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, presentou as I Xornadas de Blogs de Moda e Comercio Electrónico, que se celebrarán en Santiago os días 19 e 20 de outubro.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 240.000 euros procedentes de remanentes para a reurbanización da rúa Virxe Branca (O Castiñeiriño)
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou o proxecto definitivo de reurbanización da rúa Virxe Branca, no Castiñeiriño. Ademais, concedéronse subvencións a 14 entidades sociais e aprobáronse diversos convenios en materia cultural.