CONSORCIO
O Consorcio e a Fundación Catedral colaborarán nun plan de xestión da oferta cultural e turística do conxunto catedralicio
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, presidiu o Consello de Administración do Consorcio de Santiago. Na reunión realizouse unha análise do programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago e aprobouse unha proposta de colaboración entre o Consorcio de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago para a posta en marcha dun plan de xestión da oferta cultural e turística do conxunto catedralicio. Os aspectos técnicos e xurídicos desta colaboración serán establecidos nunha próxima...
FESTAS
A Catedral de Santiago cobrou vida propia no espectáculo virtual dos Fogos do Apóstolo
Os Fogos do Apóstolo 2011 deixaron para o recordo 30 minutos dun espectáculo que por primeira vez incorporou a realidade virtual. Grazas á mesma, a Catedral de Santiago cobrou vida propia e os espectadores puidéronse somerxer no seu interior e observar a súa construción. O espectáculo pechouse cunha intensa, coordinada e potente sesión de pirotecnia.