DEPORTES
Santiago de Compostela, candidata a sede da semifinal da Copa Davis
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e o presidente do Comité Técnico da Federación Galega de Tenis, Pedro Sánchez Romay, presentarán esta tarde oficialmente en Montjuic (Barcelona), na sede da Federación Española de Tenis, a candidatura de Santiago para ser sede da semifinal da Copa Davis, que España xogará contra Francia os días 16,17 e 18 de setembro.
ALCALDÍA
Prestixiosos arquitectos debaten en Compostela sobre a cidade contemporánea
O Instituto Compostela Arquitectura deu comezo á segunda edición do seu curso de verán internacional, que se desenvolve entre o 18 de xullo e o 5 de agosto. No marco do mesmo, estanse dando cita en Santiago importantes arquitectos internacionais, como Vito Acconci, William Curtis, Andrew Cohen, Patxi Mangado, Juhani Pallasma ou Alvaro Siza.
TURISMO
Toma de posesión dos novos membros do Consello de Administración de Incolsa
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roda, presidiu no Pazo de Raxoi o Consello de Administración de Incolsa. Na reunión tomaron posesión dos seus cargos os novos membros do Consello da empresa de promoción turística do Concello.
FESTAS
Alfonso González recomenda aos composteláns "camiñar en silencio" pola vida
O limpabotas do aeroporto de Lavacolla, Alfonso González Puentes, abriu unha nova edición das Festas do Apóstolo co seu pregón. Os composteláns e visitantes que se achegaron ata a praza do Obradoiro puideron escoitar as palabras dun home entrañable e namorado da cidade e do silencio. Logo, a festa continuou na Quintana coa música de La Unión e El Pulpo.