FESTAS
O Concello avanza un programa de festas de calidade malia a austeridade do orzamento
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela presentaron un avance das festas do Apóstolo, que terán finalmente 11 días. Serán unhas festas austeras no seu orzamento, cunha redución do 66% respecto das anteriores, pero cun programa de calidade, a pesar igualmente da premura do tempo para a configuración do mesmo.
CIDADE HISTÓRICA
Santiago de Compostela recibe en Lleida o Premio Cidades Patrimonio da Humanidade
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, María Pardo, recolleu en Lleida o Premio Cidades Patrimonio da Humanidade 2010, outorgado á Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación (OCiHR) polo Ministerio de Cultura, no marco da cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Cultura, presidida polos príncipes de Asturias.
CONSORCIO
A praza do Obradoiro acolle unha nova edición do Concurso de Canteiros
A terceira edición do concurso Canteiros no Obradoiro terá lugar o sábado 16 de xullo na praza do Obradoiro e consistirá nunha proba de labrado manual dunha lousa como as que conforman o pavimento da Cidade Histórica.
ALCALDÍA
Catrocentas persoas de corenta nacionalidades participarán nos cursos de verán para extranxeiros da USC
Catrocentas persoas de corenta nacionalidades distintas participarán este mes de xullo nos cursos de verán de lingua e cultura españolas para estudantes estranxeiros e de formación para profesores de español como lingua estranxeira que organiza Cursos Internacionais da USC.