ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reitera ante o reitor o seu apoio permanente á USC
O alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long. Seguiu así coa súa rolda de despedidas cos responsables das principais institucións con sede en Santiago antes de deixar o cargo.
MEDIO AMBIENTE
As cancións voarán en Belvís da man de Ugia Pedreira e Fred Martins
A concelleira de Medio Ambiente en funcións, Elvira Cienfuegos, presentou Acróbata, o novo traballo de Ugia Pedreira e Fred Martins, que actuarán o xoves 1 e o venres 2 no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, situado no parque de Belvís. As entradas poden adquirirse por 8 euros en aCentral Folque, ou por 15 euros o disco e a entrada.
CULTURA
Compostela Máxica converte a cidade na capital da maxia durante unha semana
A concelleira en funcións de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o Mago Antón presentaron a V Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica, que se celebra do 6 ao 12 deste mes.
FESTAS
Chenoa animará a noite do xoves da Ascención cun concerto gratuíto no Campus
O concelleiro de Festas en funcións, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa os actos centrais do Día da Ascensión. Estivo acompañado por Xacobe Pérez Paz, coordinador e fundador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, quen informou sobre o programa da Feira Cabalar que, como xa é habitual nestas datas, celébrase no Mercado Nacional de Gando de Santiago, en Amio.
EDUCACIÓN
Visita didáctica dos nenos da Escola Infantil de San Roque a "Un mundo de posibilidades"
O venres 3 de xuño, ás 10:30 horas, o grupo de nenos e nenas de 0 a 3 anos da Escola Infantil de San Roque realizará unha visita didáctica á exposición Un mundo de posibilidades, aberta na Fundación Torrente Ballester.
CONSORCIO
O Nobel de Medicina Richard Roberts abre a sexta edición do Programa ConCiencia
O Premio Nobel de Medicina en 1993, Richard Roberts, inaugurará a sexta edición do Programa Conciencia. A visita deste científico británico, coñecido pola denuncia que fai das farmacéuticas a quen acusa de ralentizar e mesmo frear o desenvolvemento de fármacos –"o fármaco que cura de todo non é rendible", chegou a dicir recentemente a un xornal catalán-, inclúe, como é habitual, unha rolda de prensa, unha conferencia aberta ao público en xeral e unha reunión con persoal...
CONSORCIO
O Consorcio restaura "As dúas Marías"
O Consorcio de Santiago está este días a restaurar a coñecida escultura de As dúas Marías, situada na entrada principal da Alameda. A escultura, cuxa pintura estaba moi deteriorada, está a ser repintada polo seu autor, César Lombera, quen aproveitará para cambiarlle a apariencia aos vestidos das dúas mulleres, seguindo a documentación fotográfica existente sobre estes populares personaxes da cidade.
TURISMO
O restaurante O Curro da Parra gaña a cuarta edición de Santiago(é)Tapas
O Mercado de Abastos acolleu a gala de entrega de premios do IVo Concurso de Tapas Santiago(é)Tapas. Pechouse así unha edición na que se consumiron máis de 30.000 tapas.