ALCALDÍA
Raxoi escoita as demandas dos veciños do barrio da Almáciga
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os edís de Participación Cidadá, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, reuníronse coa asociación de veciños da Almáciga no Pazo de Raxoi para falar sobre as necesitades do barrio.
COMERCIO
O Concello organiza un ciclo de talleres para o sector comercial de San Pedro dentro do Urbana Santiago Norte
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou un ciclo de talleres específico e gratuíto para o sector comercial do barrio de San Pedro, deseñado dentro do programa Urbana Santiago Norte co obxecto de dinamizar esta arteria comercial da cidade a través de accións prácticas e participativas, pensadas para un comercio de proximidade. Reyes Leis estivo acompañada pola técnica municipal de comercio Lucía Castro.
BRIGADA VÍAS E OBRAS
O Concello inviste máis de 300.000 euros na mellora integral do Campus Vida
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou, xunto co concelleiro delegado da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, os traballos que o Concello está a levar a cabo na práctica totalidade das rúas correspondentes ao ámbito do Campus Vida. En total, investiranse 330.000 euros en adaptar as beirarrúas e demais espazos á excelencia do campus universitario.
EDUCACIÓN
Comeza o curso de preparación para obter o título de graduado en Educación Secundaria
A primeira sesión do Curso de preparación para obter o Título de Graduado en Educación Secundaria terá lugar o martes 25 de outubro, a partir das 19 horas no CEIP Apóstolo Santiago (Rúa de Betanzos 55).
ALCALDÍA
O alcalde salienta os beneficios que para a cidade terá o desbloqueo do proxecto de recuperación da Finca do Espiño
Tras 10 de paralización, o Concello vén de desbloquear o proxecto de recuperación para o uso público da Finca do Espiño trala sintura dun protocolo de intencións co empresa Layetana, que en breve se plasmará nun convenio.