ALCALDÍA
A ONCE entrega ao alcalde un agasallo que remata a serie de 65 cupóns dedicada ao Camiño de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o delegado territorial da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradas, que lle fixo entrega dun agasallo que pon fin á serie de 65 cupóns dedicada ao Camiño de Santiago, que remata o 25 de xullo.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a segunda fase do reforzo das vías municipais
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno adxudicáronse provisionalmente as obras de reforzo do firme das vías municipais, na súa segunda fase. Ademais, procedeuse a resolver os contratos dos estacionamentos de Xoán Carlos I, Vista Alegre e Fontiñas, e aprobouse o Plan Especial das Brañas de Sar, entre outros asuntos.
FESTAS
Nova Galega de Danza fusiona música e baile na Quintana co espectáculo "Tradicción"
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, acompañado polo xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou no Teatro Principal o espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, que se poderá ver o mércores 21, a partir das 23:00 horas, na praza da Quintana. No acto tamén estiveron presentes os directores artísticos da compañía, Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, e o seu director musical, Pedro Lamas. Esta actividade cultural e de ocio está patrocinada polo...
EDUCACIÓN
Visita ao Concello dun grupo de alumnos e alumnas da Escola de Verán de Inglés
Seguen as actividades académicas e paralelas da Escola de Verán de Inglés. No marco destas últimas, un grupo de alumnos e alumnas visitaron o Concello, acompañados por dous dos seus monitores.