XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba as minoracións nos salarios dos membros da Corporación
As retribucións dos membros da Corporación e do persoal eventual foron aprobadas pola Xunta de Goberno, atendendo ás minoracións formuladas pola Federación Española de Municipios e Provincias. Na mesma sesión adxudicáronse obras por máis dun millón de euros.
ALCALDÍA
Unha mirada nostálxica na Alameda á evolución histórica do transporte de pasaxeiros por estrada
No marco das IV Xornadas de Transporte e Mobilidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou unha exposición de autocares antigos no paseo central da Alameda. Antes, pola mañá, a Casa do Concello acollera a xuntanza da Comisión de Transporte e Infraestruturas da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
TURISMO
O GCPHE reforza en Santiago a súa oferta cara o mercado xaponés
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participa en Santiago de Compostela do Encontro Empresarial co mercado xaponés organizado por Turespaña, onde presentará a máis de 20 turoperadores e axentes xaponeses a oferta turística e cultural das 13 cidades que forman o Grupo. Durante o encuentro, no Parador dos Reis Católicos e coa presenza de Ignacio Ducasse, director da Oficina Española de Turismo de Tokio, levarase a cabo un workshop onde os asistentes terán contacto directo e recibirán información de...
DEPORTES
X Trofeo de Kárate "Cidade de Santiago"
O sábado 12 de xuño celebrarase en Santiago, no Pavillón Municipal de Santa Isabel, o X Trofeo de Kárate "Cidade de Santiago", que organiza a Agrupación Deportiva Galaika coa colaboración da Concellería de Deportes.