TURISMO
A Concellaría de Promoción Económica e Turismo de Santiago colaboran na organización do MACC 2010
A Concellaría de Promoción Económica e Turismo de Santiago colaboran na organización da segunda edición do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (MACC 2010), segundo explicaron o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente de Atlantic Comnection,Vítor Belho.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social edita material formativo para promover condutas non agresivas dos pais na educación dos seus fillos
O Concello de Santiago veu participando durante dous anos no programa europeo GRUNDTVIG "Look at yourself - parents toward situations causing aggression". Do 28 ao 30 de xuño estase a celebrar a última reunión plenaria deste proxecto, á que asisten representantes das entidades dos outros tres países socios.
XUNTA DE GOBERNO
Todo listo para o comezo das obras do estacionamento de Salgueiriños
A Xunta de Goberno adxudicou definitivamente as obras de rehabilitación do aparcadoiro público en Salgueiriños, por importe de 348.000 euros. Tamén en materia de contratacións, iniciouse o procedemento para adquirir mobiliario para o futuro Centro Sociocultural de Santa Marta.
MEDIO AMBIENTE
A Comisión de Medio Ambiente do Grupo Cidades Patrimonio prepara un libro sobre o patrimonio natural das 13 cidades
A Comisión de Medio Ambiente do Grupo Cidades Patrimonio está a preparar unha publicación sobre o patrimonio natural das 13 cidades que o conforman. As trece cidades ofrecen, xunto cos seus indubidables atractivos e itinerarios monumentais e culturais, valores e itinerarios naturais.
TRANSPORTES
Adxudicado o servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de Santa Marta
A mesa de contratación da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), determinou provisionalmente que será a empresa LIMCO, Sociedade Cooperativa Galega de Integración Social a que se faga cargo do servizo para o cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta, por un importe de 29.406,90 euros.
ALCALDÍA
Científicos de relevancia internacional reúnense en Santiago no marco da Presidencia española da UE
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os membros do Comité Científico do Consello Europeo de Investigación (European Research Council), que están a celebrar en Santiago o seu XXVI Encontro Plenario, no marco da Presidencia española da Unión Europea.
ALCALDÍA
A empresa XADE rematou 2009 cun beneficio de 89.000 euros
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse no Pazo de Raxoi o Consello de Administración e a Xunta Xeral de XADE, co fin de aprobar as contas anuais do exercicio de 2009.
ALCALDÍA
O alcalde asiste en Madrid á sinatura de once convenios para a restauración e posta en valor do Camiño Francés
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu en Madrid á sinatura de once convenios de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Consellería de Cultura e Turismo para a restauración e posta en valor doutros tantos tramos en dez concellos do Camiño Francés.