MEDIO AMBIENTE

'Verán en Belvís' achega a veciñanza ás zonas verdes de Compostela con obradoiros e roteiros para todas as idades

02/07/2024

Durantes os meses de verán, o Concello de Santiago ofrece unha serie de actividades de sensibilización ambiental co obxectivo de concienciar a cidadanía no respecto ás zonas verdes e os beneficios que aporta a xestión sostible destas. As actividades, dirixidas a todas as idades, desenvolveranse no CIPX (Centro de Información dos Parques e Xardíns de Compostela), localizado no parque de Belvís.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello de Santiago homenaxea o escultor Francisco Asorey no 63 aniversario do seu pasamento

02/07/2024

O Panteón das Galegas e dos Galegos Ilustres acolleu esta mañá un acto de homenaxe ao escultor Francisco Asorey, artista referente na renovación da arte galega no século XX. Este recoñecemento, organizado polo Concello de Santiago e a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), súmase ao programa de eventos que se están a celebrar este ano en lembranza do escultor cambadés que desenvolveu a maior parte da súa carreira en Compostela.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Rematadas as obras de mellora da funcionalidade e da accesibilidade do Mercado de Abastos

01/07/2024

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá autorizar o inicio de trámites para proceder á recepción das obras de reforma realizadas no Mercado de Abastos para mellorar a funcionalidade e a accesibilidade deste inmoble de titularidade municipal. Tamén se deu luz verde a 14 licenzas de obras urbanísticas e á adhesión do Concello de Santiago á Central de Contratación da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a adquisición de forma conxunta dos servizos de Correos. De todos os asuntos...

Leer más

CIDADES PATRIMONIO

Santiago de Compostela asume a presidencia do Grupo de Cidades Patrimonio

01/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asume a presidencia das cidades do Estado español co selo Unesco reiterando o compromiso de "ser a voz das 15 Cidades Patrimonio en cuestións relacionadas co turismo sustentable, apostando pola promoción cultural, a responsabilidade patrimonial e o recoñecemento da diversidade e da singularidade de cada cidade".

Leer más
Compartir: