XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o inicio de licitación do novo servizo de mantemento dos sistemas de control do tráfico

11/07/2024

O Goberno local sacará a licitación o novo servizo de mantemento e conservación dos sistemas de control, regulación e xestión do tráfico e do túnel do Hórreo, cun orzamento de 4,2 millóns de euros para os próximos 3 anos. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, indicou que o novo contrato "practicamente duplica o importe do que está en vigor, froito tanto da actualización dos prezos como da incorporación de diferentes melloras coas que pretendemos garantir o...

Leer más

FESTAS

Volven as Festas do Apóstolo cunha programación "inclusiva e para todos os públicos" que chega a diversos espazos da cidade

10/07/2024

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, presentou esta mañá o programa deste ano das Festas do Apóstolo que arrancará o vindeiro venres 19 de xullo co tradicional pregón a cargo dunha persoa vinculada a Compostela cuxo nome será anunciado este venres. Dakidarría, Femi Kuti & the positive force, Harlem Gospel Travelers, Maro, Mercedes Peón ou Antònia Font, son algúns dos artistas que encherán de boa música as prazas da cidade, nunhas festas nas que non faltará tampouco o folclore, orquestras, circo,...

Leer más

MOBILIDADE

A Xunta de Goberno acorda prorrogar o convenio para darlle servizo de transporte urbano á urbanización dos Tilos

09/07/2024

A Xunta de Goberno acordou remitir ao Pleno a aprobación da prórroga do convenio formalizado polos concellos de Santiago e Teo e pola Xunta de Galicia para a coordinación dos servizos de transporte público con orixe e destino na urbanización dos Tilos. O acordo manterase nos mesmos termos nos que foi aprobado en 2020, e estará vixente ata o 30 de setembro de 2028.

Leer más

XUVENTUDE

Santiago Urban Fest: a música urbana chega á Praza Roxa da man dos Orzamentos Participativos de Xuventude

09/07/2024

A praza Roxa será escenario o próximo 27 de xullo do Santiago Urban Fest, un festival pioneiro de música urbana que nace dos Orzamentos Participativos da área de Xuventude. A concelleira María Rozas presentou hoxe o programa, que se vai desenvolver en colaboración coa asociación Gallos del Norte. Preto dunha trintena de artistas participarán no SUF "mostrando o talento emerxente e diverso que temos en Galicia nun xénero musical que vai gañando adeptos e adeptas a nivel mundial".

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Unha nova sentenza pón o foco na lexitimidade do Concello a defender o dereito á vivenda e subliña a validez da declaración de ineficacia da comunicación previa para unha VUT

08/07/2024

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica e voceira do goberno de Santiago, Míriam Louzao, deu conta hoxe dunha nova sentenza que vén confirmar as decisións políticas en materia de vivenda. Desta volta, o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma o fallo do xulgado do contencioso-administrativo número 2 de Santiago, que xa en primeira instancia lle daba a razón ao Concello. En total, o Concello conta con oito sentezas favorables firmes e dúas setenzas favorables pendentes de...

Leer más
Compartir: