XUNTA DE GOBERNO
Do 20 ao 26 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación de Semana Santa nos CEIP
Mañá martes, 20 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición e matrícula no "Programa municipal de conciliación de Semana Santa 2024" do Concello de Santiago, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril nas instalacións dos CEIP Quiroga Palacios e Monte dos Postes. O Concello ofertará un total de 150 prazas para participar nos obradoiros e actividades, outras 150 para o servizo de xantar e 60 para os máis madrugadores. A memoria do programa aprobouse hoxe en Xunta de Goberno.
IGUALDADE
Ampliado ata o 28 e febreiro o prazo de inscrición ao curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas organizado polo CIM
Todas as mulleres interesadas poderán inscribirse ata o 28 de febreiro neste curso que se desenvolverá entre o 4 e o 18 de marzo no pavillón municipal do Restollal e será monitorado por especialistas da Federación Galega de Loita e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
XUVENTUDE
Comeza a fase de votación dos Orzamentos Participativos da Concellaría de Xuventude
Desde hoxe e ata o 3 de marzo estará aberto o prazo de votación dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, no que se vai decidir o destino de 100.000 euros dos presupostos municipais. O concelleiro de Xuventude en funcións, Xan Duro, deu conta do proceso, acompañado pola técnica do Departamento, Noela Vilas. O edil salientou "a alta participación e a variedade das achegas recibidas, que rachan con moitos estereotipos sobre os mozos e mozas e que demostran o seu interese por participar na vida pública, un interese que o...
CAPITAL CULTURAL
Últimos días para visitar a exposición do Décimo Terceiro Premio Auditorio de Galicia para Artistas Noveis
O domingo 25 de febreiro conclúe o período expositivo desta mostra que reúne 33 traballos de artistas e colectivos emerxentes que responden a diferentes sensibilidades artísticas e formalizacións plásticas. A área de exposicións do Auditorio de Galicia programa esta semana visitas guiadas de carácter gratuíto e coloquios con Sergio Marey e Laure Mojo arredor das obras que lles valeron, respectivamente, o primeiro e segundo premio nesta convocatoria.