CONSORCIO
O Consorcio de Santiago celebra o Día do Libro coa entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido esta fin de semana
O Consorcio de Santiago conmemorará esta fin de semana o Día Internacional do Libro coa entrega de balde de publicacións coeditadas polo propio Consorcio a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza de Praterías) o sábado 22 e o domingo 23 de abril.
ACCIÓN CULTURAL
Et Suseia Danza estrea a próxima semana ‘O que non se ve’ no Teatro Principal
Será o vindeiro venres, 28 de abril, ás 20.30 h nun espectáculo no que unen os dous estilos de danza: a tradicional galega e a contemporánea. As entradas, a 10 euros (cos descontos do 50% para os colectivos habituais) poden mercarse na web compostelacultura.gal, no despacho de billetes da Zona C ou no do Teatro o propio día do evento.
EDUCACIÓN
Do 24 de abril ao 7 maio estará aberto o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de verán VacaLudos do espazo de lecer María Miramontes
A partir do 24 de abril e ata o 7 de maio (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación de verán VacaLudos, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) entre os meses de xuño e setembro.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda solicitar a cesión dun inmoble no Ensanche á Seguridade Social para a posta en marcha dun centro polivalente para as persoas maiores
O pasado luns a Xunta de Goberno local deu luz verde á solicitude por parte do Concello á Tesouraría Xeral da Seguridade Social da cesión gratuíta de dous locais, situados na planta baixa do número 17 da rúa de San Pedro de Mezonzo, por un prazo de 25 anos, co fin de implantar un centro de atención polivalente dirixido ás persoas maiores. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deron conta deste asunto nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no...