EDUCACIÓN
Solicitude de prazas para o programa municipal de conciliación de Semana Santa 2023
O programa municipal de Semana Santa 2023 desenvolverase os días 3, 4, 5 e 10 abril de 2023 nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.
PLENO
O Pleno aproba o estudo de detalle para mellorar a accesibilidade ás vivendas colectivas da praza de Ultreia e unha declaración institucional para solicitar máis xulgados en Santiago
O Pleno ordinario do Concello de Santiago, aprobou hoxe por unanimidade o "Estudo de detalle para a definición urbanística da dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados na praza de Ultreia" e dúas declaracións institucionais. A primeira, recoñecendo o labor de servizo público da Polícia Local no seu 175 aniversario; e a segunda, demandando novos órganos xurisdicionais para a capital de Galicia.
MOBILIDADE
Inícianse os traballos de toma de datos para a revisión do PMUS de Santiago
O Concello de Santiago iniciou o proceso de toma de datos para a actualización e revisión do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) mediante a realización dunha Enquisa Domiciliaria de Mobilidade (EDM) co obxectivo principal de coñecer a mobilidade da poboación de Santiago e das súas principais áreas de influencia.
MEDIO AMBIENTE
Mañá arranca o sistema de recollida ‘porta a porta’ para os locais de hostalaría da cidade histórica
Despois de case dous meses repartindo os colectores das diferentes franxas aos locais de hostalaría, iníciase a recollida ‘porta a porta’, pola que todos os establecementos da cidade histórica contarán cun horario para deixar os contedores á porta dos negocios, que lle serán recollidos alí mesmo.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello vala a rúa de Vedra ante o perigo de caída do muro que linda coa estación de autobuses
Logo de detectar unha fenda no muro, pechouse o acceso á rúa e iniciáronse dilixencias instando á dirección da obra da Intermodal para que acometeran unha serie de actuacións de maneira inmediata que permitan reabrir o tráfico con seguridade.