ALCALDÍA
O alcalde agradécelle ao bombeiro Miguel Montero o seu traballo como voluntario en Turquía
Sánchez Bugallo recibiu onte na Praza do Obradoiro ao bombeiro natural de Santiago e delegado da unidade canina da ONGD Intervención, Ayuda y Emergencias (IAE) que se mobilizou ata Turquía logo do seísmo rexistrado nas pasadas semanas.
MODERNIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
O Concello contará cunha xestión contable 100% electrónica
O Concello de Santiago implantará nos vindeiros meses unha nova aplicación informática que permitirá unha xestión integral de facturas desde o momento da súa presentación ata o seu pagamento, evitando a xestión manual. Esta nova solución web permitirá coñecer en todo momento a situación na que se atopa a factura e a integración desta xestión con outros procesos administrativos.
DEPORTES
Santiago acolle o vindeiro sábado a celebración do Campionato Galego Infantil de Karate
O próximo sábado, 25 de febreiro, o pavillón municipal de Santa Isabel acollerá a celebración do Campionato Galego Infantil da tempada 2022-2023, no que colabora o Concello de Santiago, coa participación de 279 deportistas das categorías benxamín (ata 7 anos), alevín (8 e 9 anos), infantil (10 e 11 anos), xuvenil (12 e 13 anos) e cadete (nados no ano 2009). A competición foi presentada esta mañá nunha rolda de prensa coa concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación Galega de...
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local de Santiago celebra os seus 175 anos ao servizo da cidadanía de Compostela
O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde o acto conmemorativo do 175 aniversario da Policía Local de Santiago, que reuniu a numerosos representantes institucionais e dos distintos corpos e forzas de seguridade. Durante o evento fíxose entrega das medallas de permanencia a 45 axentes que forman parte da Policía Local desde hai más de 30 anos.
ALCALDÍA
A praza do Obradoiro acollerá este venres cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno tras un ano de guerra
O Concello de Santiago convoca para este venres 24 de febreiro ás 12.30 h un acto de cinco minutos de silencio en solidariedade co pobo ucraíno, cando se cumpre un ano desde o comezo da agresión rusa. Todas aquelas persoas que o desexen poderán unirse a esta homenaxe, que contará coa actuación da Banda Municipal de Música de Santiago.
POLÍTICAS SOCIAIS
A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas e a UAMI traen a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol'
O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo 26 de febreiro, ás 18.30 horas, a peza de teatro 'Bajo el mismo sol', que constitúe un símbolo na loita contra o racismo e a discriminación política e social contra as persoas migrantes e racializadas. Esta cita cultural está promovida pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, en colaboración co Concello de Santiago, coincidindo coa celebración do seu sétimo aniversario.