DEPORTES
A piscina de Santa Isabel acolle esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación, que contará con 234 participantes
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou o evento acompañada por José Ángel Rioseco Díaz, presidente do CDN (Club Deportivo Natación Cidade de Santiago), e o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera Niebla.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede Kaleidos, da que forma parte Santiago, organiza o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía do 27 ao 29 de marzo
O COEP Congress celebrarase en Valencia e permitirá reflexionar, ao longo de tres días, sobre ferramentas de xestión local, participación cidadá e comunicación no marco da Axenda 2030. As inscricións pódense realizar na páxina web www.coepcongress.com e a través da plataforma Eventbrite.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reúnese co decano do Colexio de Avogados e co xuíz decano de Santiago para estudar as necesidades da Administración de Xustiza na cidade
A creación dun xulgado exclusivo de violencia sobre a muller, un novo xulgado do contencioso e un novo xulgado de familia, ademais do reforzo dos equipos psicosociais, son as prioridades que fixa o alcalde logo do encontro no que participaron o maxistrado decano Andrés Lago Louro e o decano do Colexio de Avogados de Santiago, Francisco Rabuñal, así como o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte.
ALCALDÍA
O alcalde reitéralle a Somos Hórreo o compromiso de cambiar as luminarias tan pronto se adxudique o contrato
A Asociación de comerciantes Somos Hórreo foi recibida esta mañá no Concello polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e polo concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, para abordar a situación da rúa. No encontro tamén participaron membros da Policía Local e da Nacional.
MEDIO AMBIENTE
O Concello restaurará o Ecosistema Fluvial do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo e creará un Bosque de Saúde
O proxecto, que conta cun orzamento de preto dun millón de euros con cargo aos fondos europeos a través da Fundación Biodiversidade, foi presentado esta tarde polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán; e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e ten como obxectivo crear un espazo de participación, divulgación e concienciación ambiental. Ao acto tamén asistiu o delegado do Goberno, José Miñones, e represrntantes dos grupos municipais.