DEPORTES
Aberto o prazo para inscribirse na X edición da San Silvestre compostelá
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín; polo delegado en Santiago, José Manuel Ruíz; e polo xerente do Centro Comercial As Cancelas, Javier Nicolás, presentou en rolda de prensa a décima edición da San Silvestre compostelá, que se disputará conxuntamente co Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta. A saída da carreira será desde a avenida de Xoán XXIII e a meta estará situada na rúa de San...
ALCALDÍA
O Goberno local e o Club Financeiro abren unha liña de diálogo permanente sobre asuntos de interese común para Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polo edil de Economía e Facenda, Manuel César, mantivo un encontro con representantes do Club Financeiro de Santiago que serviu para iniciar unha serie de contactos nos que seguir avanzando nos asuntos de interese para a cidade.