MEDIO AMBIENTE
O Concello lanza unha tiraxe do libro "O valor das árbores", un cómic que recolle curiosidades e grande parte do coñecemento científico que se ten sobre estes seres vivos
Os textos foron escritos por Susana Domínguez Lerena, escritora, profesional da arboricultura, enxeñeira forestal e de montes e presidenta de Bosques Sen Fronteiras, quen tentou reflectir os seus propios coñecementos dun xeito sinxelo e entretido para o gran público. Os debuxos foron realizados por Daniel Rodríguez, historiador da arte e Máster en Banda Deseñada e Educación. Nos próximos días o Concello de Santiago de Compostela distribuirá os exemplares entre os centros educativos e socioculturais da cidade, co...
BARRIOS E OBRAS
Ábrese parcialmente ao tráfico a rúa de Concheiros, despois das obras de humanización levadas a cabo polo Concello de Santiago
Este mediodía abriuse parcialmente ao tráfico a rúa de Concheiros, despois das obras de remodelación e humanización levadas a cabo polo Concello de Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, destacou a normalidade coa que se desenvolveu esta apertura: "a percepción que teño é que funciona moi ben", subliñou.