TURISMO
Santiago presenta en FITUR o seu patrimonio natural e lanza a candidatura do Carballo de Conxo a Árbore Europea de 2022
Xosé Sánchez Bugallo recolleu en FITUR o premio que acredita ao Carballo de Conxo como Árbore Española do Ano 2022 e deu a coñecer a candidatura para acadar o título de "Tree of the Year", a nivel europeo. Tamén se presentou a campaña "Santiago, Patrimonio natural", que busca por en valor as zonas verdes da capital galega como atractivo turístico.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago destina 600.000 € en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e o mantemento da envolvente exterior dos inmobles da cidade histórica
A actual convocatoria de subevencións, que dobra o importe global con respecto ao ano anterior, permitirá tamén financiar os honorarios profesionais dos arquitectos. As persoas interesadas poderán solicitar as axudas ata o 21 de febreiro.
URBANISMO E CIDADE HISTÓRICA
Preséntase a estratexia de actuación do rexistro de soares do Concello de Santiago
A concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, presentou hoxe a estratexia de actuación do rexistro de soares do concello de Santiago. Segundo informou, xa se desenvolveu a primeira fase dese traballo. Trátase dun traballo de campo, no que se incluiron 123 inmobles en avanzado estado de deterioro situados no ámbito do PE-1.