XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os convenios de colaboración con tres asociacións comerciais, por un total de 100.000 euros, destinados a bonos de aparcamento
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou tres convenios de colaboración con distintas asociacións de comerciantes, por un importe total de 100.000 euros, co obxecto de subvencionar a entrega de bonos de aparcamento á clientela e dinamizar así o sector. Esta actuación enmárcase no programa de reactivación económica e social municipal PRESS 2021, deseñado para paliar os efectos económicos adversos derivados da crise sanitaria provocada pola COVID- 19.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará máis de 220.000 euros a 29 actuacións de mellora da accesibilidade
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou o proxecto de "Mellora da accesibilidade no Concello de Santiago 2021"; ao que se destinará un orzamento, IVE incluído, de 222.606,40 euros. Está previsto que se leven a cabo actuacións en 29 puntos da cidade e contarán cun prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA
O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda constatan a boa marcha do polígono da Sionlla
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá o polígono da Sionlla, acompañados polo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, José Fernández Alborés.
TURISMO
O aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe a certificación do programa de Acreditación de Saúde Aeroportuaria que o acredita como "aeroporto seguro"
O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro recibiu a certificación do programa de Acreditación de Saúde Aeroportuaria do Consello Internacional de Aeroportos (ACI), un programa que avalía o cumprimento das medidas sanitarias recomendadas por ACI, a Organización de Aviación Civil Internacional (OACI), a EASA, o Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC) e as guías da Organización Mundial da Saúde (OMS), e que se atopan á súa vez aliñadas cos obxectivos do Plan de...
ACCIÓN CULTURAL
USCénica 2021 bota o peche á súa segunda edición
USCécnica remata este sábado 10 a súa programación de 2021 cun concerto de peche. En opinión de Roberto Salgueiro, director de USCénica, a continuidade por segundo ano deste programa cultural é "unha boa noticia para o teatro, para a Universidade e para a cultura". Así o manifestou este mañá no transcurso dunha xuntanza que o reitor Antonio López mantivo cunha representación dos artistas escénicos e musicais que interviñeron nas últimas semanas no ciclo e na que tamén...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago presenta o proxecto de instalación dunha cuberta telescópica para as piscinas exteriores do Multiusos Fontes do Sar, á que se destinará 1.126.000 €
O Consorcio de Santiago presentou esta mañá o proxecto de instalación dunha cuberta telescópica para as piscinas exteriores do complexo Multiusos Fontes do Sar, edificio propiedade do organismo interadministrativo. No acto estiveron o alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo; o arquitecto responsable da redacción do proxecto, Jorge Barata; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e a arquitecta da Oficina Técnica do Consorcio que coordina a obra, Idoia Camiruaga.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago recibe unha delegación de Pistoia, cidade italiana moi vinculada ao Apóstolo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, recibiron hoxe unha delegación da cidade de Pistoia, encabezada polo responsable de Turismo deste municipio italiano, Alessandro Sabella.
SEGURIDADE CIDADÁ
Gonzalo Muíños reuniuse coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas, Gonzalo Muíños, reuniuse hoxe coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López. No encontro, celebrado na cidade herculina, Muíños informouna sobre como están as tramitacións dos permisos e autorizacións en relación aos Fogos do Apóstolo, e convidoua a asistir ao espectáculo que terá lugar na noite do 24 de xullo.
IGUALDADE
A nova web do Centro de Información á Muller visibiliza e facilita o acceso aos seus servizos
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe cimcompostela.gal, a web do CIM, o Centro de Información á Muller. A páxina, para a que se deseñou unha identidade corporativa, ten como obxectivos visiblizar e informar sobre o labor centro; animar a cidadanía a implicarse de xeito activo nas actividades propostas; e facilitar o acceso, para as persoas que o precisen, á asistencia ofertada nas distintas áreas de actuación do CIM.
ACCIÓN CULTURAL
Os premios Exeria sitúan Santiago como o primeiro concello galego que apoia a escritores durante o proceso de creación
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada da poeta Yolanda Castaño, presentou as bases do "Premio Exeria de proxectos de creación literaria", que ten como obxectivo, fomentar a creación literaria desde a súa orixe e contribuír a súa internacionalización.