ACCIÓN CULTURAL
O Teatro Principal acolle o 6 de xaneiro o concerto extraordinario do día de Reis da Banda Municipal de Música de Santiago
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela ofrece, o próximo 6 de xaneiro ás 12:00h no Teatro Principal, o concerto extraordinario do día de Reis. Dirixida por David Fiuza, interpretarán as pezas "Festive Overture" e "Twelfth Night", de Alfred Reed; e "Festive Overture op.96" e "Jazz Suite nº 2" de Dmitri Shostakovich.
ACCIÓN CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu tradicional concerto de Reis este mércores 5 de xaneiro
A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel e contará coa actuación do músico Claudio Constantini que interpretará a Piazzolla ao bandoneón. As entradas están dispoñibles na páxina web compostelacultura.gal.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o expediente de contratación da xestión das Escolas infantís municipais, e o pago de subvencións a asociacións de comerciantes e entidades veciñais
O goberno municipal aprobou, en Xunta de Goberno, a xustificación e pagamento das subvencións asociacións veciñais sen ánimo de lucro de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021. Destas axudas, por importe de 37.055,46 euros, beneficiaranse 17 entidades.