URBANISMO
O alcalde anuncia en Lavacolla a creación dunha comisión de traballo para avaliar as alegacións presentadas ao Plan Especial do Camiño de Santiago
Nun encontro coa veciñanza, o alcalde asegurou que "o Plan só sairá adiante se é cun consenso razoable". Recalca que será a aprobación do mesmo o que "permitirá a declaración de Área de Rehabilitación Integral, coa que os veciños poderánse acoller a axudas e subvencións como no caso de Vite ou Pontepedriña".
ALCALDÍA
O secretario de Estado de Medio Ambiente presentará xunto ao alcalde o proxecto de recuperación natural e medioambiental do bosque do Banquete de Conxo o 3 de febreiro
Nun encontro cos veciños de Conxo, o alcalde adiantou que a partir desta visita na primeira semana do mes de febreiro, porase en marcha esta actuación que conta con fondos europeos: 877.420 euros procedentes dos Fondos Next Generation.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio de Galicia inaugura a mostra 'Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige'
A exposición, producida polo Auditorio a partir da iniciativa da asociación Unha Gran Burla Negra, inaugúrase o martes que vén, 24 de xaneiro, ás 20.00 horas. Comisariada por Germán López Labrador, permanecerá aberta todos os días ata o 21 de maio, con entrada de balde.
CIDADES PATRIMONIO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsan unha campaña de promoción internacional en Estados Unidos, Canadá e países europeos
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade España e Turespaña presentaron hoxe en FITUR o Plan operativo 2023 con accións promocionais en mercados emisores internacionais como Bélxica, Países Baixos, países nórdicos, Italia e Portugal, ademais de Estados Unidos e Canadá. Tamén se celebrou a primeira Asemblea do ano, presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, que aprobou o Plan Operativo de Turismo e o orzamento do Grupo para 2023 e que contou coa presenza do concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte.
MEDIO AMBIENTE
Aberto un punto de información no casco histórico sobre o novo sistema de recollida de lixo
O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, situado na praza Salvador Parga, acolle desde onte un punto de información sobre o novo sistema de recollida de lixo. Este punto, dirixido a particulares e empresas da casco histórico, estará aberto de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 h.
IGUALDADE
COMPigual lanza dous novos recursos sobre igualdade para os centros educativos
O programa COMPigual, Compostela pola Igualdade de Xénero, impulsada polo Concello de Santiago para levar a educación en igualdade e a prevención da violencia á comunidade educativa, presentou hoxe dous novos recursos: as receitas coeducativas e o xogo virtual A-BANEANDO as violencias machistas.
CIDADES PATRIMONIO
O alcalde de San Cristóbal de la Laguna preside a primeira Asemblea das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade en FITUR
O GCPHE celebrará mañá, no marco de FITUR, a súa Asemblea de alcaldes e alcaldesas e presentará os plans de acción que se desenvolverán este ano con Turespaña e Paradores. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participará na xuntanza e asistirá o resto dos actos en axenda en representación do Concello de Santiago.
TURISMO
O Alcalde recolle o premio ao mellor destino de Calidade SICTED de España
Para a elaboración da candidatura de Santiago non se tivo en conta ao subsector das Vivendas de Uso Turístico, xa que no 2022 este subsector non entrou no proceso de asesoramento polo Ente Xestor do destino. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, destacou que o Sistema Integral de Calidade Turística está "na liña na que queremos evolucionar o noso modelo turístico, un modelo de calidade, rendible economicamente, con mellor calidade no emprego e, en resumo, máis sostible".
ALCALDÍA
O alcalde leva ao Ministerio de Transportes a reurbanización do Restollal
Sánchez Bugallo reuniuse este mediodía coa Secretaria Xeral de Transportes e Mobilidade, María José Rallo e a directora da Oficina da Estratexia e a Mobilidade, Ángeles Marín para explicarlle persoalmente "contido e carácter" do proxecto. Ademais, analizáronse os avances na Plataforma de Reparto de Última Milla, que conta con financiación dos Next Generation.
TURISMO
Preséntase en FITUR ‘SantiagoNow’, a web que ofrecerá ao turista un plan completo en Compostela para un ano post-xacobeo "ilusionante"
A nova web presentouna o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte e a xerente de INCOLSA, Flavia Ramil na Feria Internacional de Turismo que acolle estes días o Ifema en Madrid. O alcalde amosouse optimista na presentación de cara a un ano post-xacobeo, despois doutro de "récords históricos", xa que "xa temos un importante volume de reservas para o próximo ano, contamos cunha ampla variedade de conexións a través de tren e avión e xa hai unha extensa axenda de congresos fixados...